Busca

Páxinas

  • Román Rodríguez destaca o extraordinario talento plástico galego na presentación do libro de arte do Parlamento
21/11/2019

Román Rodríguez destaca o extraordinario talento plástico galego na presentación do libro de arte do Parlamento

  • A Xunta distingue unha app de música galega e un novo deseño de guitarra eléctrica cos Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco
21/11/2019

Os premios están promovidos pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura co patrocinio de Afundación e a colaboración do Igape

Cada proxecto gañador recibe un apoio de 3.000 euros, acceso de balde por un ano ao coworking do Gaiás e asesoramento personalizado

Unha conferencia da lingüista e divulgadora Estrella Montolío, experta en comunicación no campo profesional, pechou a xornada

  • Santomé. Conxunto arqueolóxico-natural 1
20/11/2019

Román Rodríguez inaugura a exposición 'Santomé. Conxunto arqueolóxico-natural' do Museo Arqueolóxico de Ourense

A mostra, aberta ata marzo de 2020 en Afundación Ourense, amosa restos materiais recuperados no proceso de escavación deste conxunto sobranceiro

  • Logotipo AGADIC
20/11/2019

O conselleiro de Cultura e Turismo avanzou no Parlamento que este texto permitirá adaptar este ente aos cambios normativos e á evolución do sector

Crearase a figura dun xerente que coordinará a xestión administrativa da axencia e procederase á integración do Centro Galego de Artes da Imaxe

  • I+P. Ideas para producir
20/11/2019

A Xunta colabora co Clúster Audiovisual Galego na procura de acordos para novos proxectos de cinema e televisión 

O director da Agadic participou na inauguración en Pontevedra do encontro ‘I+P. Ideas para producir’, articulado arredor de ‘pitchings’ e reunións personalizadas

Dezaoito novas propostas audiovisuais, a meirande partes delas galegas, preséntanse diante dos responsables de contidos de coñecidas canles televisivas, produtoras e distribuidoras

  • premios Pentafinium
20/11/2019

Román Rodríguez refírese aos camiños de Santiago como creadores de talento na entrega dos premios Pentafinium

O conselleiro de Cultura e Turismo participou na entrega destes galardóns que impulsa a Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago

Os premiados son Alejandro Barral, na sección de investigación; Isabel San Sebastián, no eido da literatura; Santiago Escribano, no ámbito da fotografía; Ana López Martín, na imaxe cinematográfica; ‘Jason’, en pintura; o grupo Brigan, en música, e Michele Lescure e Ramón Rodríguez no eido da escultura

  • Fondo Logotipo Xunta de Galicia
19/11/2019

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, visitou hoxe o templo co alcalde de Sanxenxo e o delegado da Xunta en Pontevedra

Este inmoble está incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia

 

19/11/2019

As axudas da Xunta á distribución de espectáculos contribúen á presenza da música e a escena de Galicia nunha vintena de países

As xiras internacionais de artistas e grupos como Carlos Núñez, Uxía, Agoraphobia, Anxo Lorenzo, Xabier Díaz, Davide Salvado, Sumrrá ou Roi Casal atópanse entre as iniciativas subvencionadas este ano

Esta liña de apoio, dotada en 2019 con 460.000 euros, destínase a financiar parte dos gastos asumidos polas empresas culturais galegas no desenvolvemento de máis de 600 concertos, funcións e accións de promoción fóra da nosa Comunidade

19/11/2019

 Anxo M. Lorenzo inaugura o III Encontro de escritores de Iria Flavia no marco do 30 aniversario da concesión do Nobel a Cela

Unha vintena de autores, baixo a coordinación da escritora e crítica literaria Care Santos, abordan as súas carreiras profesionais, as súas expectativas e o seu futuro

O director xeral de Políticas Culturais destacou o labor da Fundación Pública Camilo José Cela propiciando espazos de reflexión e debate sobre a literatura

 

19/11/2019

Feijóo salienta que a nova iluminación do interior da Catedral de Santiago, xunto á súa rehabilitación integral, contribuirá a celebrar o Xacobeo da mellor Galicia

Resalta a importancia deste proxecto que permitirá unha reformulación completa da iluminación interior, enxalzando o seu patrimonio: "A partir de agora verase o esplendor, a riqueza e o valor arquitectónico e artístico de todos os recunchos da Catedral, de todas as xoias que a conforman", explica