Busca

Páxinas

27/06/2019

O ciclo está composto por oito andainas nos concellos de Ares, Moaña, Sober, Oia, Cervo, Padrón, Castro Caldelas e Parada de Sil que se desenvolverán do 3 ao 31 de agosto

O programa inclúe actuacións musicais e actividades gastronómicas

  • Fondo Logotipo Xunta de Galicia
27/06/2019

Estes cinco espazos escénicos de Vigo, O Porriño e A Coruña integran automaticamente a Rede Galega de Salas da Consellería de Cultura e Turismo en calidade de beneficiarios destas subvencións da Agadic

Este apoio destínase tanto a gastos ordinarios de funcionamento dos locais como á programación que desenvolven como parte do circuíto

27/06/2019

Os galardóns apoian a excelencia creativa nos campos das Letras, as Artes Plásticas, as Artes Escénicas, a Música, o Audiovisual, a Lingua, o Patrimonio Cultural e a Proxección Exterior

As institucións e entidades culturais ou profesionais relacionadas con cada modalidade poden presentar as candidaturas durante os dous vindeiros meses

 

  • Román Rodríguez destaca a "vitalidade" das industrias culturais galegas ao duplicar as funcións programadas no último lustro
26/06/2019

O conselleiro de Cultura e Turismo salientou que o Centro Dramático Galego mantén o seu “carácter referencial” no eido das artes escénicas

26/06/2019

A Consellería de Cultura e Turismo publica hoxe no DOG a resolución destas axudas que dan prioridade ás iniciativas das zonas menos poboadas para contribuír ao reequilibrio territorial no acceso á cultura

26/06/2019

Esta iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo para divulgar o Camiño de Santiago a través da música por distintas localidades da Vía da Prata terá como protagonistas o piano e a frauta travesa no Pazo de Liñares

26/06/2019

A produción da compañía pública regresa a Santiago desde mañá xoves 27 ao domingo 30 de xuño, antes de rematar a súa xira o 5 de xullo en Vigo

A representación deste venres contará con audiodescrición, tradución á linguaxe de signos, accesibilidade e programa de man de lectura fácil

O espectáculo, dirixido por Gena Baamonde, ofrece dúas olladas diferentes sobre a identidade galega a partir dos textos ‘Fantasía nº 5 en sol ou non’, de Esther F. Carrodeguas, e ‘Boisaca ou a divina desgraza’, de Roi Vidal Ponte

26/06/2019

Publícase na web da Agadic a resolución desta convocatoria anual, que aumentou o seu orzamento un 7,5% para poder apoiar dous proxectos máis que en 2018

Destínanse 90.000 euros á produción de tres longas que dirixirán Diana Toucedo, Sonia Méndez e Javi Camino, mentres que os 66.000 euros restantes invístense na escrita de seis novos guións e na realización de seis curtametraxes

26/06/2019

A Comisaria do Xacobeo 2021 inaugurou a mostra do fotógrafo Manuel Valcárcel coa que a Xunta e Correos divulgan e promoven o Ano Santo

Enmárcase no ‘Galician Cinema & Food Festival’, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo e que incluíu unha degustación de gastronomía inspirada na Ruta Xacobea a cargo da chef galega Estrela Michelin Lucía Freitas

 

  • San Simon Fiddle 2019
25/06/2019

O director xeral de Políticas Culturais participou na presentación desta actividade dirixida ao público infantil e xuvenil que se celebrará entre o 30 de xuño e o 7 de xullo e que conta co apoio da Xunta de Galicia

A Illa de San Simón tamén acolle esta fin de semana o curso ‘Encordass’ para maiores de 18 anos con coñecementos musicais básicos