Busca

Páxinas

23/07/2019

Baiuca e Presumido serán os encargados de poñerlle sintonía ao solpor deste mércores na primeira das seis citas musicais programadas ata finais de agosto

Zenet, Joe Crepúsculo, Soleá Morente, Xosé Manuel Budiño ou os vigueses Moon Cresta e Amaro Ferreiro forman parte do cartel deste evento cunha ducia de artistas

A delegada de Vigo, Corina Porro, destaca o éxito deste proxecto, que nace coa vontade de poñer en valor o traballo de artistas, tanto emerxentes como consagrados, a través dunha programación transversal

23/07/2019

O ciclo de concertos non contará con actuación o xoves, polos festexos do Día de Galicia, e continuará o sábado co coidado soul-blues dos lucenses Berta Franklin

23/07/2019

O director da Agadic participou hoxe na presentación da 17ª edición do evento, que terá lugar en Bueu do 1 ao 3 de agosto, e que resultou adxudicatario de 27.000 euros da convocatoria de axudas anuais

A marca creada pola Consellería de Cultura e Turismo contará cun espazo propio para a difusión de programas a prol da igualdade, do uso da lingua galega, do respecto medioambiental e de valores positivos para a mocidade

  • FestiClown
23/07/2019

O encontro foi beneficiario dunha subvención de 15.600 euros a través da convocatoria da Agadic a festivais escénicos

A carteleira deste ano centrarase na parte máis lúdica e divertida das artes propias do circo, polo que adopta o título de Festaclown 2019

23/07/2019

A Consellería de Cultura e Turismo promove a campaña 2019-2020 dirixida á investigación, documentación, escavación, consolidación e acondicionamento dun dos xacementos arqueolóxicos máis coñecidos e visitados de Galicia, emprazado no municipio lugués de Castro de Rei

  • Fondo Logotipo Xunta de Galicia
23/07/2019

A edificación, Ben de Interese Cultural situado na Porqueira (Ourense), experimentará melloras na cuberta a na carpintería existente

23/07/2019

O conselleiro de Cultura e Turismo deu conta na reunión dos avances do Plan de Xestión da Ribeira Sacra

22/07/2019

Román Rodríguez participa na Fundación Torrente Ballester na inauguración da mostra  ‘Castelao grafista (facsímile)’

A exposición forma parte dun proxecto divulgativo de Castelao financiado pola Xunta que levará seu o legado a máis de 110 cidades dos cinco continentes

O conselleiro de Cultura e Turismo lembrou que se trata de “divulgar universalmente a un dos nosos autores e artistas máis valiosos”

22/07/2019

O programa impulsado por Política Lingüística e por Xuventude enmarca as propostas da nova edición no Pacto de Estado contra a violencia de xénero e na campaña 'Nós contra a violencia', co apoio de Igualdade

O obxectivo é promover o uso do galego na mocidade e facilitarlle ao monitorado formación e recursos para dinamizar a lingua

O secretario xeral de Política Lingüística, a secretaria xeral da Igualdade e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado presentárono hoxe no campamento Virxe de Loreto de Porto do Son

  • Espazos Sonoros 2019
22/07/2019

A Consellería de Cultura e Turismo propón un cartel que combina artistas e agrupacións como Cantaderas, Michael Schöch ou L’Unisoni

Do 1 de setembro ao 6 de outubro, a catedral de Tui, a igrexa de San Miguel de Lebosende ou o mosteiro de Santa María de Penamaior serán algúns dos escenarios do ciclo