Nova: Ofrenda floral a Eduardo Blanco Amor no 40 aniversario do seu pasamento

02/12/2019

Ofrenda floral a Eduardo Blanco Amor no 40 aniversario do seu pasamento

Anxo M. Lorenzo participa na ofrenda floral para conmemorar o 40 aniversario do falecemento de Eduardo Blanco Amor

O cemiterio de San Francisco acolleu a tradicional homenaxe na que participaron os alumnos do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense

  • Anxo M. Lorenzo participa na ofrenda floral para conmemorar o 40 aniversario do falecemento de Eduardo Blanco Amor Anxo M. Lorenzo participa na ofrenda floral para conmemorar o 40 aniversario do falecemento de Eduardo Blanco Amor

Ourense, 2 de novembro de 2019.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe en Ourense na ofrenda floral en memoria de Eduardo Blanco Amor no 40 aniversario do seu falecemento. Esta tradicional homenaxe, que se levou a cabo no cemiterio de San Francisco, onde descansa o escritor, tamén contou coa participación dos alumnos do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense.

Na ofrenda, Anxo M. Lorenzo, destacou o feito de que institucións como a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, o Concello de Ourense e a Fundación Eduardo Blanco Amor se unan para recordar a figura do autor de A Esmorga.

A ofrenda floral no cemiterio de San Francisco forma parte dunha ampla programación posta en marcha pola Fundación Eduardo Blanco Amor, na que participa o Goberno galego, co obxectivo de conmemorar a morte do escritor. Estas actividades, que xa comezaron o pasado 23 de novembro co fallo da XXXVIII edición do Premio de novela longa Eduardo Blanco Amor, convocado pola Deputación de Ourense e a fundación e que recaeu no xornalista Xesús Fraga, inclúen tamén unha dobre exposición con retratos e caricaturas do autor elaboradas por Siro López e unha colección bibliográfica sobre Blanco Amor realizada por Carlos Laíño.

Comparte