Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 985
- 986
- 987
- 988
- 989
- 990
- 991
- 992
- 993
- …
- seguinte ›
- última »
A fin de semana do 18 e 19 de xaneiro de 2020 proxectaranse no Museo Centro Gaiás arredor dun cento de curtametraxes premiadas en certames internacionais de prestixio, dirixidas a nenos e nenas de todas as idades
Os pequenos espectadores serán tamén o xurado que coas súas valoracións determinará os premios do público ás mellores curtas do Festival
Completan o programa obradoiros para descubrir técnicas como o ‘stop motion’ e unha sección especial de curtas seleccionadas no festival de Clermont-Ferrand
O DOG publica unha orde pola que os centros bibliotecarios públicos municipais dos concellos de Entrimo, Guitiriz, Muras, Muros e San Cristovo de Cea formarán parte do Rexistro de bibliotecas de Galicia
Outra orde, tamén publicada hoxe, recolle que estes concellos e mais Cerdedo-Cotobade, Dumbría, Lousame, A Pastoriza e Portas tamén se integrarán na Rede de bibliotecas de Galicia
Román Rodríguez subliña o compromiso da Xunta co audiovisual galego na presentación de ‘A Galiña Turuleca’
O conselleiro de Cultura e Turismo precisou que este ano o Goberno autonómico destinou máis de 2,6M€ a apoiar a proxectos do audiovisual galego
A Galiña Turuleca chegará ás salas de cine o vindeiro 1 de xaneiro da man de Filmax e contará cunha versión en castelán e outra en lingua galega
O proxecto de animación en 3D retoma á personaxe da famosa canción popularizada polos Pallasos da Tele
O conselleiro subliñou “a importancia da literatura para afondar no relato de conxunto construído arredor do Camiño” e afirmou que as rutas xacobeas “son unha viaxe maiúscula para todo aquel que decide emprendelo”
O certame, promovido pola Academia Xacobea co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, está dotado con 1.500 euros e inclúe a publicación do poemario en versión bilingüe galego-castelán na Editorial Carena
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019.- A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura e Turismo, e distintos representantes do sector acordaron hoxe a presenza da música galega en catro citas internacionais neste eido durante 2020: Mercat de Música Viva de Vic (Barcelona), Bilbao Music Experience (BIME), Feria Internacional de Música para Profesionales (FIMPRO) de Guadalaxara (México) e World Music Expo (Womex), que o ano que vén se celebrará en Budapest (Hungría).
Coa convocatoria que se publica hoxe no DOG, continúa á alza o orzamento destinado a este tipo de eventos ata preto de 200.000 euros
Poden concorrer a esta liña de apoio certames, semanas e mostras audiovisuais que se celebren entre o 1 de novembro de 2019 e o 31 de outubro de 2020
O Museo Centro Gaiás está a recibir unha media de 442 visitantes por día para coñecer a primeira mostra internacional do Goberno galego polo Xacobeo 21
Con xornadas con máis dun milleiro de visitas, a exposición está a ter unha excepcional acollida entre o público, superando as cifras de ‘Castelao Maxistral’
Un total de 1.400 escolares de primaria e secundaria achegáronse xa á exposición a través do seu programa de visitas didácticas, mentres que outros preto de 6.000 teñen xa reservada a súa quenda para os vindeiros meses
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, supervisou os traballos que tiveron un prazo de execución de catro meses
A actuación realizouse co fin de garantir a protección e conservación deste ben, que constitúe un conxunto de referencia do patrimonio histórico-eclesiástico deste concello ourensán
Ovidio Rodeiro visitou as obras que se están executando para que este hórreo, declarado Monumento Nacional, recupere todo o seu esplendor e siga sendo un dos maiores atractivos turísticos da comarca
A Consellería de Cultura e Turismo adxudicou preto de 60.000 euros a 30 empresas de cinema e televisión a través das convocatorias de axudas da Agadic á promoción en certames do sector e á asistencia a feiras profesionais
Ámsterdam, Berlín, Cannes, La Rochelle, Locarno, Toronto, Bilbao, Málaga, San Sebastián, Sevilla e Valladolid foron algunhas das citas nas que participaron estas produtoras e distribuidoras galegas









