Busca

Páxinas

19/09/2019

O espectáculo correrá a cargo da Banda de Música Municipal de Valga acompañada dos solistas Esperanza Mara, Enrique Alberto Martínez e Eliseu Mera e do coro Gli Appassionati, baixo a dirección de Manuel Villar Touceda

Ás 18,00 horas e con entrada de balde, a proposta ofrece un plan de sábado en familia no que gozar da forza da composición clásica de Carl Orff

Será o primeiro dos concertos do ciclo ‘Viraxes’, no que as bandas de música populares fusionan os seus repertorios con formatos como circo, teatro e clásica

  • Fondo Logotipo Xunta de Galicia
18/09/2019

O director xeral de Políticas Culturais reuniuse hoxe coa directora xeral do Libro e do Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte para repasar algúns dos aspectos técnicos da nova infraestrutura

Anxo M. Lorenzo solicitou á Administración central que a nova biblioteca cumpra coas necesidades que precisa unha poboación como a de Vigo

18/09/2019

Valentín García participou hoxe en Bertamiráns na inauguración da actividade, organizada pola Xunta e o Concello de Ames coa colaboración da RAG

O encontro congrega os días 18, 19 e 30 deste mes preto de medio cento de profesorado dos centros educativos amienses

18/09/2019

A mostra conmemorativa das Letras Galegas 2019 promovida pola Xunta de Galicia pode visitarse ata o día 30 no Centro Cívico e Cultural arteixán

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurouna hoxe

18/09/2019

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, comprobou os traballos que se levan a cabo para evitar danos pola filtración de humidades

  • O Diario Oficial de Galicia publica a declaración BIC do Arquivo Fotográfico Vidal
18/09/2019

Recoñécese así o valor cultural sobranceiro deste fondo composto por preto de 60.000 fotografías e establécense medidas para a súa salvagarda e valorización

18/09/2019

As representacións terán lugar o sábado 21 ás 20,30 h. e o domingo 22 ás 18,00 h.

A peza tivo a súa orixe o pasado ano no ciclo ‘Teatro Ob-sceno’, promovido polo Centro Dramático Galego

  • Outono Lírico de Vigo 2019
17/09/2019

Anxo M. Lorenzo e Corina Porro asisten aos ensaios da ópera 'Tosca' no marco do Festival Outono Lírico

A representación desta composición de Giacomi Puccini, que conta co apoio da Xunta, terá lugar o vindeiro sábado no Teatro Afundación de Vigo

17/09/2019

Jacobo Sutil e Marisol Díaz participan na inauguración dunha exposición que conmemora o 30 aniversario da película galega 'Sempre Xonxa'

17/09/2019

A segunda edición do festival desenvolverase en Lugo o 20 e 21 de setembro e será a última cita do calendario de festivais adheridos a FEST Galicia

A marca creada pola Consellería de Cultura e Turismo contará cun espazo propio onde se desenvolverán accións de sensibilización sobre igualdade, uso da lingua galega, respecto medioambiental e os valores positivos para a mocidade

FEST Galicia desenvolverá tamén un estudo de campo para coñecer o impacto socioeconómico do Caudal Fest no seu territorio