Busca

Páxinas

  • tempo e infancia
29/01/2020

A mostra inclúe preto dun centenar de fotografías que abranguen dende o ano 1942 ao 1997, a maioría de José Luís Vega, e documentos orixinais dos fondos de Educación e do Goberno Civil

Permanecerá exposta ata o 30 de abril, con entrada libre e gratuíta de luns a venres e a posibilidade de realizar visitas guiadas para grupos

  • Celga 4
29/01/2020

O Diario Oficial de Galicia e o Portal da Lingua Galega fan pública hoxe a resolución pola que se convocan 11 cursos presenciais e 24 en liña

Coa posta en marcha do Celga 2 en liña, a Xunta completa esta modalidade de oferta formativa nos catro niveis de coñecemento de galego que se poden acreditar mediante exame oficial

O prazo de presentación de solicitudes ábrese desde mañá ao 19 de febreiro na sede electrónica da Administración autonómica

29/01/2020

Os premiados, que achegaron obras para promocionar as xornadas das Rutas dos Viños, son Jesús Barbeito e Álvaro Ortiz, autores do deseño para promover a novena e décima edición desta iniciativa impulsada pola Xunta

O certame estaba dirixido aos finalistas e galardoados da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda, procedentes de países como Indonesia, Estados Unidos, Francia, Brasil, Rusia e España

29/01/2020

O evento, que terá lugar na tarde do sábado 29 de febreiro na Cidade da Cultura, abrirá cunha charla de Brett Anderson, o vocalista da banda británica Suede

Ofrece a oportunidade de escoitar a figuras de primeiro nivel da escena nacional e internacional, tanto desde o ámbito artístico e creativo como empresarial

Completan o programa Javier Mariscal e Alba Barneda, directora de produción de CANADA, a axencia creativa detrás de videoclips como o ‘Malamente’ de Rosalía

  • Fondo Logotipo Xunta de Galicia
29/01/2020

Esta construción, conformada pola fonte, a mina, o lavadoiro e a levada con canle, contará cunha protección integral na categoría de lugar de valor etnolóxico

  • Preto de 60.000 persoas visitaron o Centro Galego de Arte Contemporánea no pasado ano
28/01/2020

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidiu hoxe o consello asesor do CGAC, un órgano creado para asesorar sobre os asuntos relacionados co museo

En 2019 acolleu dez exposicións e máis dunha trintena de actividades entre as que se inclúen obradoiros, cursos e visitas guiadas

 

  • Román Rodríguez presenta en Madrid ‘3Caminos’ como a gran produción audiovisual do Xacobeo 2021 patrocinada pola Xunta
28/01/2020

Román Rodríguez presenta en Madrid ‘3Caminos’ como a gran produción audiovisual do Xacobeo 2021 patrocinada pola Xunta

O proxecto, encabezado pola empresa compostelá Ficción Producciones, conta coa implicación de compañías internacionais referentes neste eido como Amazon Prime Video ou Beta Films e con coprodutores de cinco países

A serie, que se estrará a finais de 2020, conta cunha achega de 1,5M€ por parte do Goberno galego a través da convocatoria para obras audiovisuais que difundan os valores do Camiño e a imaxe de Galicia de cara ao próximo Ano Santo

27/01/2020

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presidiu o Consello de Arquivos de Galicia que se reuniu hoxe e valorou positivamente esta proposta

O encontro tamén serviu para avanzar na creación dun Plan de Arquivos do Goberno autonómico

 

27/01/2020

A Xunta apoia a Federación de Cineclubes na organización dunha vintena de ciclos, semanas de cine e actividades complementariasd

O director da Agadic e o presidente da Feciga asinaron hoxe na Cidade da Cultura o convenio de colaboración, dotado con 30.000 euros

A celebración dun encontro en Ourense co gallo do 50º aniversario do Cineclube Padre Feijoo é unha das novidades previstas pola federación para 2020

 

27/01/2020

O Gaiás recibirá do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro a figuras internacionais tan relevantes como Ezster Salamon, Ula Sickle ou Leonor Leal e creadores emerxentes como Los Bravú ou Pálido Domingo

A peza ‘Relay’ abre a programación poñendo o foco na resistencia das mulleres na defensa dos seus dereitos, a través dunha coreografía simbólica cunha bandeira negra xigante ondeada durante catro horas