Busca

Páxinas

22/01/2020

A Xunta apoia a organización na Cidade da Cultura do I Congreso Internacional do Teatro Galego

A Academia Galega de Teatro pon en marcha a primeira edición deste encontro, que terá lugar do 25 ao 28 de marzo baixo o lema ‘Co 2030 no horizonte’

Máis de medio centenar de profesionais de diferentes ámbitos do sector intervirán nas sesións de traballo con conferencias, mesas, comunicacións libres, presentacións de proxectos e publicacións

 

  • curva españa
22/01/2020

O director xeral de Políticas Culturais participou hoxe na presentación da programación que se iniciará o vindeiro 31 de xaneiro

As carteleiras de Bertamiráns e do Milladoiro presentan as últimas propostas de Chévere, A Gramola Gominola, Contraproducións, Xampatito Pato, Teatro da Ramboia, Excéntricas, Talía Teatro e Fran Sieira-Compañía de Danza

22/01/2020

Así o anunciou este mediodía o conselleiro de Cultura e Turismo na presentación monográfica celebrada no expositor de Galicia en Fitur

Román Rodríguez explicou que Galicia “cumpre cos seus deberes”, apelando asemade á cautela e agradecendo o traballo conxunto de todas as administracións, institucións e sociedade civil

No acto estivo presente o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e tamén tomaron parte o presidente co Consorcio Ribeira Sacra, o presidente da D.O. Ribeira Sacra e a directora xeral de Patrimonio Cultural

21/01/2020

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2020.- O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou esta tarde na xornada O estado da danza de Galicia, organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) para a elaboración posterior dun informe de diagnóstico sobre o momento creativo actual que vive esta disciplina escénica, os seus condicionantes específicos de produción, formación e distribución, así como os apoios que recibe desde as distintas administracións.

21/01/2020

Cándido Pazó é o autor e director desta comedia alegórica sobre o concepto de liberdade, que Toño Casais, Dani Trillo e Artur Trillo interpretarán na sede do CDG en Santiago do xoves 23 ao domingo 26

21/01/2020

Desenvolverase en Verín do 12 ao 14 de marzo e incluirá tamén unha programación de concertos abertos ao público xeral

As bandas e artistas poden achegar as súas propostas artísticas ata o 11 de febreiro a través da web do encontro

21/01/2020

O director xeral de Políticas Culturais e a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa participaron na sexta xuntanza deste ente que ten por obxectivo favorecer a xestión eficiente do sistema arquivístico da Comunidade

20/01/2020

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2020.- O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a presidenta da asociación Músicas ao Vivo, Xiana Lastra, asinaron hoxe na Cidade da Cultura de Galicia o convenio de colaboración mediante o que a Xunta volve apoiar economicamente a organización dos Premios Martín Códax da Música, que este ano celebran a súa sétima edición a prol dunha maior proxección social do traballo dos profesionais da música en Galicia.

20/01/2020

Internaco, o representante oficial desta empresa internacional, achegará 550.000 euros para realizar actividades vinculadas coa celebración do vindeiro Ano Santo

O conselleiro de Cultura e Turismo agradeceu a implicación do tecido empresarial galego e avanzou que xa se acadaron preto de 8M€ grazas ao sistema de patrocinios

O director xeral da compañía destacou que este acordo permitirá reafirmar o compromiso da empresa co medioambiente e a sustentabilidade

20/01/2020

O mural de gran formato titulado ‘Xa che Vigo’ reflicte espazos emblemáticos da cidade de Vigo e homenaxea á Movida e ao movemento ‘Atlántica’