Busca

Páxinas

24/02/2020

Valentín García participa en Santiago e en Padrón nos actos do Día de Rosalía

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta resaltou que a autora de ‘Follas novas’ falou en galego de sentimentos e ansias universais, facendo deste idioma unha lingua culta e aberta ao mundo

24/02/2020

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a inclusión deste fondo de gran interese que dá a coñecer o extenso contido de documentación técnica especializada en construción naval que reflicte a orixe dos estaleiros españois

  • O novo catalogo da exposición de Maruja Mallo e Luis Seoane sitúa a ambos artistas como expoñentes da vangarda galega
22/02/2020

Lalín, 22 de febreiro de 2020.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, situou a Maruja Mallo e Luis Seoane como dous dos principais expoñentes da vangarda galega.

  • Román Rodríguez gaba o legado de Rosalía de Castro nun ano de grandes conmemoracións para a cultura galega
22/02/2020

O conselleiro de Cultura e Turismo visitou a sede da Fundación Rosalía ás portas do 183 aniversario da poeta, que terá lugar o próximo luns

Agradeceu o traballo da entidade encargada de preservar a memoria da escritora á hora de difundir a súa obra e os valores da cultura galega

  • Entroido Xinzo
21/02/2020

Román Rodríguez subliña a importancia do patrimonio cultural do Entroido no desfile infantil de Xinzo de Limia

O conselleiro de Cultura e Turismo visitou hoxe o municipio da comarca da Limia onde escolares de preto de 20 centros educativos percorreron as rúas disfrazados

O Entroido de Xinzo de Limia contribúe a acrecentar o atractivo turístico no inverno e é o primeiro galego en ser declarado Festa de Interese Turístico Internacional

21/02/2020

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presentou esta mostra composta por unha selección de pezas datadas entre 1976 e 2019 que sintetizan as diferentes etapas da obra de Torres

21/02/2020

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2020.- O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo, Jacobo Sutil, e o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Xabier Deive, asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que a Xunta de Galicia renova o seu apoio económico á organización dunha nova edición dos Premios de Teatro María Casares e a diferentes actividades de difusión asociadas á súa convocatoria.

21/02/2020

A Consellería de Cultura e Turismo traballou coa asociación Escena Galega na redacción destas axudas, que este ano se incrementan un 23%

Crease tamén unha nova modalidade para actividade de carácter plurianual e mantense a discriminación positiva para a danza

O prazo de solicitude iníciase hoxe e manterase aberto ata o 20 de marzo

20/02/2020

Os dous espectáculos foron cofinanciados a través do programa do Centro Coreográfico Galego e recibiron apoio loxístico e técnico para a súa posta en escena

Exire, unha das compañías do colectivo Artestudio, presentará ‘Médula’ mañá venres no Teatro Rosalía Castro da Coruña

A bailarina e coreógrafa Kirenia Martínez estrea o sábado 22 na sede compostelá da SGAE a súa proposta sobre a emigración galega, que levará o vindeiro 25 de febreiro ao instituto da Fundación Cañada Blanch de Londres

  • Luis Seoane
20/02/2020

Anxo M. Lorenzo destaca a importancia do legado de Luís Seoane na presentación do catálogo que recolle as súas obras

O Museo de Belas Artes acolle ata o 8 de marzo unha mostra das pinturas deste polifacético artista datadas desde os anos 50 ata finais da década dos 70