Busca

Páxinas

05/10/2019

Outorgaranse dous premios dotados cada un deles con 3.000 euros en metálico, acceso de balde ao coworking do Centro de Emprendemento do Gaiás durante un ano e asesoramento para a posta en marcha do proxecto emprendedor

Establécense dúas categorías: aplicacións informáticas ou proxectos en internet; e iniciativas no ámbito do deseño, a xestión cultural e a creación artística e plástica

O prazo de solicitudes está aberto desde o 5 de outubro ata o 4 de novembro

04/10/2019

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu ao acto de entrega da obra que poderá ser visitada desde hoxe na casa museo de Iria Flavia

04/10/2019

O director da Agadic asistiu esta tarde á primeira das sesións deste evento bienal, organizado pola Asociación Galega de Deseño (DAG)

  • Fondo Logotipo Xunta de Galicia
04/10/2019

Farase mediante un cronograma que garantirá a axilidade da actuación e as mínimas consecuencias aos usuarios trasladando parte das actividades ao Espazo Xove

Prevese que os traballos rematen a finais de novembro e que as novas instalacións poidan abrir ao público a segunda semana de decembro

Reinstalaranse uns 160.000 libros, 16.600 documentos audiovisuais, 4.000 revistas e xornais, material electrónico e informático e mobiliario

04/10/2019

A Delegación da Xunta en Vigo acolle a presentación da I edición do Festival Folclore no Camiño Portugués da Costa

Organizado pola Asociación Cultural Interfolc, conta co patrocinio da Xunta e coa colaboración dos concellos de A Guarda, O Rosal, Baiona, Oia e Redondela

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, recibiu hoxe aos organizadores do evento que terá lugar desde mañá ata o 20 de outubro

03/10/2019

O conselleiro de Cultura e Turismo e a alcaldesa de Mondoñedo presentaron no Museo das Peregrinacións, o evento que terá lugar o vindeiro 19 de outubro

03/10/2019

Inspirada nos contos de Adela Turín e da man de Talía Teatro pódese gozar durante o outono en 15 localidades da Rede de Dinamización Lingüística

Dirixida ao público familiar, afonda nos roles e nos estereotipos de xénero para desmontar prexuízos sobre aptitudes e actitudes e dinamizar o galego na familia

  • O teatro Afundación de Vigo acolle o espectáculo ‘Danza 3’ coas agrupacións O Fiadeiro, Xacarandaina e Cantigas e Agarimos
03/10/2019

A delegada territorial da Xunta e o director da Agadic participaron na presentación desta proposta única, que se estrea o 13 de outubro con 120 artistas en escena

O seu obxectivo é difundir e poñer en valos o baile e a música tradicionais de Galicia

 

03/10/2019

A Xunta explorará no Gaiás con arquitectos internacionais como mellorar o  benestar da cativada en escolas e cidades

O V Encontro Playgrounds celebrarase na Cidade da Cultura o 1 e 2 de novembro con nove relatores e 20 obradoiros

As xornadas teóricas e prácticas están dirixidas a docentes de Educación infantil e primaria e a estudantes e profesionais da arquitectura en educación

O foro está organizado por Proxecto Terra-COAG e a Asociación Ludantia e está vencellado a ‘Argallar’, a exposición para xogar coa arquitectura do Museo Gaiás

 

02/10/2019

O director da Agadic participou hoxe na presentación do novo espectáculo dirixido por Quico Cadaval para a compañía compostelá, que celebra o seu 15º aniversario

Tras as súas primeiras funcións o venres e o sábado no festival carballés, a montaxe poderá verse proximamente en Pontevedra, Arteixo, Muros e O Barco