Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 968
- 969
- 970
- 971
- 972
- 973
- 974
- 975
- 976
- …
- seguinte ›
- última »
Santiago de Compostela e Ponferrada acollen os exames da segunda convocatoria do ano, na EGAP e no IES Antonio Fraguas e mais na EOI, respectivamente
Un total de 1008 persoas están admitidas provisionalmente, 764 para acreditar o Celga 4 e 244 para acreditar o Celga 2
A Cidade da Cultura celebrará o sábado 16 de novembro esta festa popular xa consolidada na súa programación de outono
O gaiteiro de Moaña caracterízase pola súas composicións anovadoras que van desde os ritmos tradicionais á fusión con outros estilos, que o teñen levado a actuar nos festivais máis importantes do mundo celta
A Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia colabora aportando este ingrediente que se ofrecerá asado ou en petiscos variados
Román Rodríguez resalta a importancia do patrimonio etnográfico e cultural da Montaña lucense
O conselleiro de Cultura e Turismo visitou no conxunto das pallozas do Cebreiro unha exposición itinerante de postais do Camiño dentro do ‘O teu Xacobeo’
Nestas construcións ancestrais estanse acometendo traballos por preto de 200.000 euros para a conservación e mantemento das cubertas e da súa contorna
Trasladouse tamén a Cervantes para avaliar as necesidades do castro de Santa María tras a súa recente declaración como Ben de Interese Cultural
O primeiro festival de artes e emprendemento de Galicia celebrouse desde o venres no Gaiás, dentro da programación do Xacobeo 21
Dirixido a estudantes, profesionais e emprendedores do eido creativo, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer e aprender de especialistas de éxito como Oliver Laxe, Uqui Permui, Miguelanxo Prado, Janet Novás ou Carlos Sedes
O evento contou cun espazo de presentación de proxectos de ‘O teu Xacobeo’, o programa da Xunta que impulsa máis de 350 iniciativas en toda Galicia
Román Rodríguez presenta o festival ‘Audacia’ como o grande escaparate do futuro creativo e o talento emerxente de Galicia
Enmarcado na programación do Xacobeo 21, o primeiro festival de artes e emprendemento de Galicia celébrase hoxe e mañá no Gaiás, con entrada de balde e coa participación dun milleiro de estudantes e docentes de ensinanzas artísticas
‘Audacia’ configúrase como un espazo de intercambio, aprendizaxe e descuberta de casos de éxito, ademais de pór en valor as artes como actividade económica
A Xunta de Galicia colabora con este certame, que se desenvolverá no Auditorio Municipal e nos Cines Salesianos do 22 ao 26 de outubro
Proxectaranse 30 longas, curtametraxes, series e webseries, cunha destacada presenza do audiovisual galego
A Consellería de Cultura e Turismo financia a iniciativa a través do Convenio coa Mancomunidade de Municipios para a xestión do xeodestino, que alcanza os 160.000 euros
A sede da institución que custodia o seu legado en Iria Flavia acollerá desde este sábado e ata finais de ano un amplo abano de actividades para todos os públicos
O acto institucional celebrarase o 10 de decembro, coincidindo coa data na que o autor padronés recibiu o galardón en Estocolmo de mans do Rei de Suecia
Cristina Balboa é a creadora, directora e intérprete desta persoal peza, que poderá verse en Santiago do venres 18 ao domingo 20
A composición musical en vivo como acto performativo é o alicerce desta montaxe, que se xestou nas Residencias Paraíso do Colectivo RPM e nunha estadía previa na sede do Centro Dramático Galego
Con entrada de balde, o primeiro festival de artes e emprendemento de Galicia celebrarase o 18 e 19 de outubro no Gaiás, dentro da programación do Xacobeo 21
As futuras xeracións de artistas galegos terán a oportunidade de coñecer e aprender de profesionais e creadores de éxito como Oliver Laxe, Uqui Permui, Miguelanxo Prado, Daniel Canogar, Janet Novás ou Carlos Sedes entre outros
Ademais de ser un espazo de intercambio, aprendizaxe e descuberta de casos de éxito, procura pór en valor a utilidade das artes como actividade económica









