Busca

Páxinas

12/05/2020

O CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo e o IES Ferrol Vello de Ferrol gañaron o Concurso-Exposición Letras Galegas 2020 convocado pola Xunta de Galicia

Difúndeos desde www.lingua.gal e anima a todos os centros de ensino, institucións, asociacións, concellos e colectividades que participan na festa grande da lingua galega a compartilos desde as súas canles dixitais

12/05/2020

Exposicións virtuais e iniciativas en redes son as propostas destes equipamentos culturais para homenaxear ao escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero

Estas actividades enmárcanse nas actividades dixitais deseñadas pola Consellería de Cultura e Turismo na campaña #aculturasegue

11/05/2020

Organizado pola Cidade da Cultura, será emitido en liña o 20 de maio e amosará as potencialidades da rede para difundir coñecemento dun xeito efectivo e accesible

Contará coa participación da copresentadora de Órbita Laika, Déborah García Bello; o físico Quantum Fracture, con máis dun millón de seguidores en Youtube; e o divulgador cultural e ‘tuiteiro’ Miguel Ángel Cajigal, El Barroquista.

O evento enmárcase en #aculturasegue, iniciativa promovida pola Consellería de Cultura e Turismo para compartir en liña contidos culturais, formativos e de lecer

11/05/2020

Traballa nas actuacións preliminares para o inicio progresivo da atención presencial seguindo as indicacións publicadas polo Goberno central este sábado no BOE

Nesta primeira semana o persoal directivo realizará unha análise das medidas e actuacións necesarias para garantir a seguridade de traballadores e usuarios

Para o persoal, seguirase o Protocolo polo que se establece a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial aprobado no Consello da Xunta

 

09/05/2020

A Xunta impulsa un microsite que permite facer percorridos por parte do Patrimonio da Humanidade galego e máis de 70 igrexas e mosteiros

Inclúe visitas 360º ás cinco catedrais, á Ribeira Sacra e percorridos por emprazamentos como o Castro de Viladonga ou as pallozas do Cebreiro

 

07/05/2020

Román Rodríguez deu a coñecer nun webinar no que se inscribiron máis de 600 profesionais os obxectivos e o catálogo de investimentos do plan e subliñou que “a recuperación da cultura é un reto compartido entre todos no que Galicia estará a altura”

O conselleiro destacou a importancia de apoiarse no Xacobeo 2021 como panca para a recuperación e detallou investimentos para proxectos culturais, adquisición de obras de arte, e apoio ao sector escénico e musical dotados con 3,2M€

06/05/2020

María Lado & Lucía Aldao, Bea Campos, Andrea Bayer, Paula Carballeira e Ledicia Costas son as contadoras deste divertido e virtual club de narración oral

Todos os sábados, do 9 de maio ao 6 de xuño, compartirán as súas historias polo web cidadedacultura.gal e polas redes sociais do Gaiás

Enxírese dentro da campaña #aculturasegue da Xunta de Galicia para ofrecer contidos de calidade e lecer durante o confinamento polo COVID-19

04/05/2020

A xeito de lectura participativa en liña, a actividade quere contribuír a pór en valor e dar a coñecer a prolífica obra do homenaxeado deste ano

A escolma de textos para esta lectura compartida foi realizada pola poeta Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía, e inclúe narrativa, ensaio, teatro ou poesía

A actividade enmárcase na iniciativa da Xunta de Galicia #aculturasegue, coa que procura compartir un amplo abano de actividades de lecer e formación en liña

04/05/2020

Trátase dunha das principais liñas do programa autonómico de apoio ao sector que este ano será reforzado co Plan de Reactivación da Cultura e o Turismo para facer fronte aos efectos da crise sanitaria

Ademais do aumento na súa dotación, as bases establecen como novidade a ampliación do período de xustificación destas subvencións a catro anualidades na procura dunha mellor adaptación aos tempos e procesos de produción

30/04/2020

Incide en que o plan prevé que a convocatoria do Ano Santo funcione como ferramenta de estímulo da actividade e do consumo

Lembra que este plan está consensuado cos sectores cultural e turístico

Sinala que o obxectivo é presentar Galicia como un destino seguro