Busca

Páxinas

03/06/2020

O DOG publica hoxe os detalles desta orde de subvención que incrementan o seu orzamento nun 18% con respecto aos anos anteriores

O prazo de presentación de solicitudes ábrese mañá e remata o vindeiro 3 de xullo

A convocatoria prioriza os materiais curriculares e complementarios destes para alumnado con necesidades específicas, así como os dirixidos á formación profesional específica

02/06/2020

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, trasladoullo hoxe ás entidades participantes no Centenario da Xeración Nós nunha xuntanza telemática

As institucións e asociacións amosáronse favorables á proposta do Goberno galego de prolongar ata 2021 a homenaxe ao grupo de intelectuais galeguistas

02/06/2020

Este cuarto webinario dos ‘Foros #aculturasegue: reflexións sobre a cultura na era post covid-19’ terá lugar o xoves 4 de xuño ás 17,00 horas conducido polo director xeral de Políticas Culturais e poderá seguirse en cidadedacultura.gal

Participarán a xornalista e responsable de edición de Rinoceronte Editora, Anxa Correa, e o director da editorial Turner, Santiago Fernández de Caleya

A actividade está organizada pola Consellería de Cultura e Turismo a través da Fundación Cidade da Cultura e no marco do Xacobeo 2021

02/06/2020

O templo, declarado Ben de Interese Cultural, ten as súas orixes na Alta Idade Media e está considerado un dos mosteiros máis relevantes da Ribeira Sacra

Realizaranse actuacións para reducir a presenza de humidades e accións de mellora das ventás, fachadas e do espazo da sancristía

A intervención súmase a outras previstas polo Goberno galego no concello de Pantón, como a restauración da igrexa de Santo Estevo de Atán

01/06/2020

As actuacións terán un prazo de execución de seis meses e permitirán resolver as patoloxías existentes, mellorar a accesibilidade e recuperar a igrexa para usos culturais

01/06/2020

A intervención centraranse en resolver os problemas de humidades que sofre este inmoble, sede da Confraría das Angustias e importante espazo litúrxico na celebración da Semana Santa ferrolá

A construción dunha cámara bufa, a impermeabilización, a renovación de revocos ou a substitución puntual da cuberta, son algúns dos principais traballos previstos

  • Xeración Nós
30/05/2020

Convoca ás diferentes administracións, institucións e entidades participantes na organización do Centenario da Xeración Nós a unha reunión para acordar os termos da prolongación

29/05/2020

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2020.- A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, conduciu esta tarde a terceira sesión dos Foros #ACULTURASEGUE. Reflexións sobre a cultura na era post COVID-19, un encontro virtual que nesta ocasión estivo centrado nos desafíos aos que se enfronta o sector musical, e especialmente o da música clásica, no contexto actual marcado pola crise sanitaria.

28/05/2020

O DOG publica hoxe as bases de ambas as liñas de apoio, enmarcadas no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico

As subvencións ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais contan con 260.000 euros para continuar impulsando a preparación previa de novas producións galegas cara á súa rodaxe nos vindeiros anos

As destinadas á asistencia a foros e mercados internacionais adaptan o seu texto para axilizar o pagamento ás empresas galegas desprazadas a eventos de referencia no sector celebrados antes da crise sanitaria

 

28/05/2020

O conxunto, incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, recuperará a súa funcionalidade e lograrase frear o seu deterioro grazas a este traballo