Busca

Páxinas

26/06/2020

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo, asinaron un convenio que permitirá levar a cabo dous proxectos centrados no ámbito xacobeo

Un deles será un ciclo de conferencias e debates e outro unha exposición na que participarán varios membros da academia

O acordo afonda no obxectivo de descentralizar a celebración do Ano Santo xa que as dúas actividades rotarán polas sete cidades galegas e as vilas de Melide, Vilagarcía de Arousa e Tui

  • A Xunta contribúe con 60.000 euros á celebración da 36ª MIT de Ribadavia do 17 ao 27 de xullo
25/06/2020

O director da Agadic participou na presentación do programa, que desenvolverá 24 representacións e actividades paralelas do 17 ao 27 de xullo

As compañías galegas ocupan un 70% da carteleira, na que tamén destaca a presenza da danza e os espectáculos de Antón Reixa, Teatro en Vilo e Agnés Mateus con Quim Tarrida

  • 46ª edición da Feira do Libro de Vigo
25/06/2020

O conselleiro de Cultura e Turismo destaca a gran tradición literaria da cidade desde fitos como a impresión de ‘Cantares gallegos’ ao ‘boom’ da novela negra

Anima a devolverlle aos profesionais e creadores “o moito que nos deron durante o confinamento” e apoiar así a cultura

A feira abre na rúa Príncipe ata o vindeiro 4 de xullo adaptada ás circunstancias actuais, con preto de 50 autores que durante estes días asinarán exemplares

  • 25 edición da #MITEU de Ourense
25/06/2020

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación desta cita que este ano se celebra con 15 espectáculos

A mostra inaugurarase o xoves 2 de xullo coa función ‘Electra e un enxame de moscas’ e rematará o mércores 15 con ‘Quince minutos’ e ‘Imperator’

Todas as representacións terán lugar no Teatro Principal, agás tres que se farán na praza da Biblioteca con entrada gratuíta e capacidade limitada

23/06/2020

As obras centraranse principalmente no claustro onde o estado da cuberta é deficiente o que provocou a entrada de auga e o deterioro das estruturas

Limparase a cantería e os muros, restaurarase o forxado do primeiro andar, eliminaranse os elementos discordantes e aplicarase un tratamento a madeira

Con estas actuacións, a Xunta de Galicia pretende impulsar e poñer en valor unha infraestrutura clave do Camiño Portugués como na comarca de Santiago

23/06/2020

A intervención terá un prazo de execución de seis meses, corrixirá as afeccións na policromía mural e rematará coa reintegración cromática dunha serie de pinturas nas que destaca o tema do Xuízo final

23/06/2020

A ‘Andaina feiticeira’ ten prazas moi limitadas para cumprir coas medidas de seguridade sanitaria e están todas xa cubertas

A actividade realizarase de 18,00 a 20,00 horas e suporá tamén para os participantes coñecer a flora e como foi medrando o Bosque de Galicia e o Parque do Lago

Esta actividade inxírese dentro da reincorporación progresiva de programación cultural presencial adaptada a nova etapa poscovid-19

23/06/2020

O espectáculo de Verdeveras Expresións Artísticas, creado e interpretado por María Ángeles Iglesias, poderá verse en Santiago o sábado 4 de xullo, ás 20,30 h., e o domingo 5, ás 19,00 h.

O espazo abrirase ao 75% da súa capacidade e será obrigatorio o uso de máscara hixiénica e dos medios habilitados para desinfección

22/06/2020

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na cidade olívica na presentación desta cita anual de referencia para escritores e lectores

As seguintes paradas no calendario serán Ponteareas, Redondela, Rianxo, A Coruña, Foz, Monforte de Lemos e Ourense

 

19/06/2020

A produción conta co apoio da Xunta de Galicia a través das axudas á creación escénica en teatro, novo circo e maxia que convoca a Consellería de Cultura

A súa estrea estaba prevista para o pasado mes de marzo, pero tivo que ser adiada por mor da crise sanitaria e realizarase agora seguindo medidas de seguridade