Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 943
- 944
- 945
- 946
- 947
- 948
- 949
- 950
- 951
- …
- seguinte ›
- última »
O Plan de reactivación do sector cultural posibilitou o aumento do esforzo orzamentario nesta iniciativa para levar a cabo unha versión ampliada, a través da que se contrataron máis de 160 grupos e compañías profesionais galegas
Pese aos adiamentos e cancelacións a causa da evolución da pandemia, logrouse incrementar a actividade en preto dun 45% respecto ao ano pasado, cun investimento final superior aos 760.000 euros
De forma paralela, estimularase a celebración de iniciativas de divulgación científica nas bibliotecas escolares
As accións estarán adaptadas ás restricións por mor da covid e respectaranse todas as medidas de seguridade
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2020.- A Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol traballarán xuntos no expediente para a candidatura de Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración a Patrimonio Mundial da UNESCO. Así o avanzaron hoxe a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, e a concelleira de Patrimonio Histórico do concello ferrolán, Eva Martínez, nun encontro no que avaliaron o traballo feito ata o momento e sentaron as bases para continuar avanzando no expediente.
O proxecto ‘En terra firme’, presentado pola fotógrafa Ana Núñez e o artista sonoro Sebastián Sandoval, gaña o VIII Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, enmarcado na programación do Xacobeo 2021
O certame, que ten como eixe os camiños xacobeos e profunda na relación entre o Camiño e a Cidade da Cultura, conta co apoio da Fundación Banco Sabadell
A instalación, que está previsto inaugurar en agosto de 2021, busca ser alegoría do Camiño como travesía persoal e combina unha vídeo instalación sonora coa construción da lente dun faro nas torres do Gaiás
O programa ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar
O secretario xeral de Política Lingüística e a delegada territorial da Xunta na cidade olívica asistiron hoxe á primeira función do espectáculo infantil e familiar inspirado no clásico das mil e unha noites que ofrece a Sala Ártika durante esta semana
Nesta terceira campaña localizouse unha cureña, un tipo de carro para transportar pezas de artillería, e obtívose unha visión transversal do costado de babor
Tamén se está constatando e documentado que a embarcación do século XVI conserva a cuberta e preto dun 20% da estrutura da eslora
Colaborou con Filmoteca Española na recuperación da cor orixinal de ‘Pontevedra, cuna de Colón’, fita rodada en 1927 polo fotógrafo, cineasta e investigador Enrique Barreiro
O director da Agadic, Jacobo Sutil, e o programador do CGAI, Jaime Pena, presentarán a proxección do filme, que terá lugar mañá martes ás 19,30 h con entrada de balde
Unha recreación virtual en 360 graos deste espazo será o marco no que as persoas que se conecten desde calquera lugar poidan interactuar cos proxectos expostos no encontro, unha das feiras ‘maker’ máis importantes de Europa
Xa está aberta a inscrición para asistir á sexta edición deste escaparate da creatividade e do enxeño, que do 18 ao 22 de novembro despregará tamén un programa de obradoiros e relatorios que se poderán seguir por videoconferencia
A esta actuación seguiranlle a de Sumrrá e a de Milladoiro, os sábados 31 de outubro e 14 de novembro, tamén ás 20 horas no Museo Centro Gaiás
A Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia volve colaborar neste festexo co seu produto, que se repartirá en bolsas individuais para levar para a casa
Os tres concertos cumprirán coas medidas de seguridade sanitaria esixidas pola situación epidemiolóxica: redución de prazas, distancia entre non conviventes e máscara sanitaria durante as actuacións, que deberán verse sentados en cadeiras









