Busca

Páxinas

22/10/2020

A sede do Centro Dramático Galego recibe a compañía desde mañá venres e ata o domingo cunha ocupación máxima do patio butacas limitada a 30 persoas

Os espectáculos ‘STRPTS // episodio 1: Mirlo & Rula’, ‘STRPTS // Fin de tempada’ e ‘PYKA: o corazón na eclipse’ inclúen imaxe, son e música en directo, sombras, monicreques e proxeccións de vídeo

As localidades poden adquirirse en liña a través do servizo de entradas de Abanca e tamén no despacho de billetes do Salón Teatro os días das funcións

21/10/2020

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participaron hoxe na xuntanza do xurado

Este premio cultural, o máis lonxevo de Galicia, está promovido pola Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais

21/10/2020

O encontro, que se celebra na cidade desde hoxe e ata o domingo, intensifica este ano a súa programación na web e en redes sociais

21/10/2020

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou hoxe ‘Un mantel de contos’, que combina e pon en valor tradición oral e gastronomía da man dos lalinenses Celso Sanmartín e Diego López ‘Moli’

Tamén se presentou ‘Triloxía Meiga’, coa que a Xunta de Galicia comeza a divulgación dos produtos dixitais creados para o Fondo

21/10/2020

Román Rodríguez destacou a importancia desta iniciativa audiovisual liderada por unha empresa galega xunto a Amazon Prime Video

O realizador ourensán Norberto López Amado dirixirá esta proposta, que constará de oito episodios rodados maioritariamente en Galicia e inspirada na biografía escrita por Covadonga O’Shea a partir das súas conversas co fundador de Inditex

Trátase dun dos 20 títulos subvencionados este ano a través da convocatoria autonómica de axudas a producións e coproducións audiovisuais, dotada con 2,5 millóns de euros

20/10/2020

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación das actividades que incluirán unha representación teatral, unha lectura pública ou a presentación da edición conmemorativa do centenario de ‘Luces de Bohemia’

20/10/2020

Publícase na web da Agadic a resolución da convocatoria de 2020, que incrementou a súa dotación nun 25% respecto ao ano anterior

Entre as fitas subvencionadas, case a metade delas dirixidas por mulleres, nove veñen avaladas polo apoio autonómico obtido en anos anteriores para as súas fases de preprodución e escrita de guión

As produtoras adxudicatarias levarán a cabo 11 longametraxes cinematográficas (cinco de ficción, unha de animación e cinco documentais), seis curtas, dúas miniseries e un filme para televisión

19/10/2020

O rápido avance dos traballos está a permitir recuperar o efecto provocado polo parón durante o confinamento e os retrasos na subministración de materiais provocados polas restricións na mobilidade

O Fontán converterá Galicia nunha referencia no eido dos estudos do patrimonio ao acoller o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) e o primeiro centro universitario de investigación sobre patrimonio cultural (Cispac)

 

19/10/2020

Destaca que esta xira será un “merecido homenaxe” a un grupo “pioneiro en todos os sentidos”

16/10/2020

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participaron na Conferencia Sectorial de Cultura e o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde

Puxeron como exemplo as preto de 4.500 actividades culturais impulsadas pola Xunta desde o mes de abril no marco do Plan de Reactivación