Busca

Páxinas

09/10/2020

Román Rodríguez celebra estes novos achados na Ribeira Sacra que afondan no seu valor excepcional na recta final para ser declarada Patrimonio da Humanidade

Luis Fernández Guitián mostrouse moi satisfeito e ilusionado cos resultados, xa que se “confirma que a lenda da mítica Proencia é unha realidade"

Os especialistas que desenvolven os traballos descubriron un hipocausto, unha ábsida circular, unha hipotética ‘horrea’ romana e fragmentos dun mosaico

08/10/2020

O encontro é un dos adxudicatarios das subvencións a festivais audiovisuais convocadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais

Organizado pola Asociación Galega Audiovisual Inclusiva, celebrarase entre o 13 e o 17 de outubro con novas seccións competitivas de apoio ao sector

  •  A illa de San Simón foi declarada en 1999 Ben de Interese Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia e a illa e a súa enseada forman parte da Rede Natura 2000 como hábitat natural europeo protexido.
08/10/2020

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, deulle a benvida aos participantes desta residencia artística

O evento reúne a catro recoñecidos ilustradores galegos e lusos, que desenvolverán un proxecto artístico conxunto desde hoxe e ata o sábado

08/10/2020

Os tres celebraranse os sábados 24 e 31 de outubro e 14 de novembro ás 20,00 horas no Museo Centro Gaiás

A Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia volve colaborar neste festexo co seu produto, que se repartirá para levar para a casa polas medidas da covid-19

  • Feira Virtual do Libro de Ourense, 7 a 10 de outubro de 2020
07/10/2020

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na inauguración telemática tras ser cancelada a convocatoria presencial pola situación sanitaria

Ata o sábado promoveranse en redes sociais os libros que terían que ser presentados na feira e as librerías da cidade os amosarán nos seus escaparates

07/10/2020

Anxo M. Lorenzo puxo de manifesto a importancia de promover con esta iniciativa a “inmensa produción intelectual” da autora e divulgar así o seu legado

07/10/2020

Román Rodríguez salientou o compromiso do Goberno por preservar o emprego cultural apoiando novos formatos e incentivando a cultura segura

06/10/2020

No encontro participaron representantes das vicepresidencias primeira e segunda; así como das consellerías de Emprego e Igualdade, e Cultura, Educación e Universidade

A Vicepresidencia primeira impulsará axudas directas ao alugueiro, sempre e cando os locais se manteñan abertos desde que se levanten as restricións

Os departamentos de Cultura e Turismo apoiarán a celebración de concertos en canto sexa posible que poida haber público nas salas

Trátase do único sector pechado por completo por causa da pandemia

06/10/2020

Cada unha das propostas elixidas contará cunha achega máxima de 18.000 euros por parte da Agadic, ademais de ter á súa disposición a sede do CCG na Coruña para o seu desenvolvemento

05/10/2020

A filmoteca galega exhibirá neste mes filmes dirixidos por Ida Lupino e Angela Schanelec dos ciclos adiados dende abril por mor do estado de alarma, ademais de dar continuidade á serie documental ‘Women Make Film’

Entre os pases especiais atópanse ‘O que arde’ e ‘Pontevedra, cuna de Colón’, a primeira película polícroma española que foi recuperada polo CGAI e a Filmoteca Española

O CGAI continúa a ofrecer na Coruña unha sesión diaria de martes a venres ás 19,30 h. e os sábados ás 18,00 h. con entrada gratuíta