Busca

Páxinas

18/11/2020

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2020.- O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe o catálogo da exposición Viae ad limina Sancti Iacobi, elaborado polo artista Chencho Pardo Valdés, a quen agradeceu o seu “agasallo a Galicia” cun traballo, dixo, “excepcional e xenuíno” que se converterá nunha peza clave para seguir divulgando a cultura xacobea a través da arte.

18/11/2020

A compañía galega aAntena produce esta peza que se escenificará o vindeiro martes 24 de novembro no Museo Centro Gaiás

A obra conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade e está enxerida na programación da Xunta co gallo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

15/11/2020

Participan neste órgano sete consellerías da Xunta que, no seu conxunto, están investindo 34M€ neste territorio de Lugo e Ourense a través dun plan específico

A súa creación coincide coa conmemoración do Día Internacional do Patrimonio Mundial e facilitará a chegada ao Comité da UNESCO coas máximas garantías

14/11/2020

Román Rodríguez celebra os novos achados que permiten afondar no coñecemento deste importante asentamento militar do século I despois de Cristo

O Goberno galego inviste máis de 240.000€ no proxecto executado por técnicos da Universidade de Vigo e analizado no Campus de Ourense

A intervención serviu para descubrir un gran patio, sacar á luz un novo tramo da ‘via sagularis’, identificar un gran ‘horreum’ e documentar un pórtico monumental

13/11/2020

A mostra, que se desenvolverá do 23 ao 28 de novembro en seis espazos da cidade, conta cunha achega de preto de 9000 euros a través das subvencións a festivais galegos do sector audiovisual

A carteleira exhibe longas e curtametraxes dunha ducia de países, cunha especial atención ao cinema iberoamericano e ao galego

13/11/2020

Salienta o papel que xogan estes profesionais e os seus negocios na divulgación da cultura e o coñecemento como de “nexo de unión entre o público e os creadores”

O Goberno autonómico inviste este ano máis de 2,3M€ para axudar a esta industria, fomentar a lectura e apoiar ás bibliotecas

Todas as medidas están enmarcadas no Plan de reactivación para o sector cultural que, no seu conxunto, conta cunha achega de máis de 26M€

13/11/2020

Actúase en base ás medidas cautelares determinadas polo Xulgado que establecen que non se permita a retirada de bens do inmoble mentres se realice o inventario

12/11/2020

Lembrou que segundo o último informe PISA Galicia é a comunidade autónoma onde o alumnado fala dúas linguas con máis facilidade

O estudo conta coa participación de 19 expertos que debullan a vida e obra do homenaxeado nas Letras Galegas deste ano

O profesor ferrolán destacou tanto no ámbito cultural como no educativo, onde foi un pioneiro ao ser o primeiro catedrático de Lingüística e literatura galega

12/11/2020

É unha proposta artística do Colectivo Cantz, formado polos artistas visuais Felipe Romero (Colombia) e Marius Ionut Scarlat (Romanía), que gañou o VII Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk

Enmárcase na programación do Xacobeo 2021, tendo como eixo os Camiños de Santiago, e conta co apoio da Fundación Banco Sabadell

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou da intervención a súa vocación de “reinventar as clásicas imaxes que temos desta ruta milenaria a través das pegadas que o Camiño deixa naqueles que o experimentan”

 

12/11/2020

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, e a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, supervisaron hoxe as obras que contan cun investimento de máis de 275.000 euros

A intervención terá un prazo de execución de catro meses co fin de corrixir o deterioro do templo e actuar en elementos ornamentais de carácter singular

A primeira zona sobre a que se está intervindo é a cuberta da nave principal, na que se cambiarán as tellas e o microcemento instalando un sistema de ventilación