Busca

Páxinas

  • A Xunta licita as obras para reparar os danos provocados polo paso do tempo na igrexa de Ventosa cun importe de 50.000€
22/07/2020

As actuacións permitirán solucionar os problemas de filtracións e humidade neste templo que foi calificado como “catedral rural de Galicia” por Filgueira Valverde

No ano 2000 o Goberno galego xa levou a cabo unha ambiciosa rehabilitación deste ben incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia

 

22/07/2020

As actuacións teñen como principal obxectivo reducir humidades e problemas de entrada de auga e contarán cun prazo de execución de cinco meses

O templo, de estilo barroco e construído no ano 1972, está incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia

 

21/07/2020

A iniciativa inclúe unha web que pretende converterse na referencia dos peregrinos interesados en realizar o Camiño a través deste itinerario

Román Rodríguez destacou a importancia da colaboración institucional para impulsar a riqueza patrimonial e cultural desta ruta, que vertebra toda a Península

 

20/07/2020

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, reuniuse en Cáceres cos responsables de Cultura das comunidades polas que pasa este trazado

Coincidiron na necesidade de reforzar a imaxe deste Camiño como elemento dinamizador dos seus territorios e acordaron establecer un marco estable de colaboración mediante o cal difundir o legado deste itinerario xacobeo

Os representantes das catro comunidades deseñarán unha programación cultural coordinada que garanta unha oferta variada e de calidade ao longo de toda a ruta

 

20/07/2020

Hoxe publícase na web da Agadic a adxudicación das axudas ás actividades de distribución para as industrias culturais, que atende a totalidade das solicitudes

A convocatoria de 2020 adaptou as súas bases no marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico para axilizar o financiamento das actividades levadas a cabo antes do estado de alarma

  • Cartel del Festival Bal y Gay 2020 en A Mariña
20/07/2020

O director xeral de Políticas Culturais da Xunta participou na presentación deste evento, que se celebrará en sete concellos da comarca do 12 ao 24 de agosto

A iniciativa conta con actuacións de preto dunha decena de intérpretes e bandas de música clásica xunto con actividades como clases maxistrais ou proxeccións

 

20/07/2020

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas polas que o Goberno autonómico inviste case 200.000 euros para o desenvolvemento do programa ‘Ler conta moito 2020’

  • A Xunta chama a fixarse no legado da Xeración Nós para marcar o rumbo da cultura galega de cara ao futuro
19/07/2020

Román Rodríguez lembrou que o Goberno galego traballa nunha ampla programación que inclúe unha mostra itinerante e un congreso internacional

José González avanzou que o seu departamento asinará un convenio para subvencionar o proxecto de posta en valor da cultura rural

 

  • Román Rodríguez refírese ao novo Museo Sargadelos como un faro cultural que iluminará A Mariña e toda Galicia
18/07/2020

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións asistiu hoxe á apertura da primeira fase do museo en Cervo que recolle a historia da fábrica de cerámica

As salas expositivas están situadas nas antigas dependencias do Seminario Sargadelos e está previsto recuperar tamén a casa na que viviu Díaz Pardo

A mostra inclúe pezas de vidro e xoiería, olería tradicional, obras de antigos alumnos, Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo, colaboracións de persoeiros ilustres e pezas feitas exclusivamente para empresas, así como esculturas destacadas

  • Román Rodríguez destaca o protagonismo galego na nova edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
17/07/2020

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións participou na inauguración da programación que inclúe 24 representacións e actividades do 17 ao 27 de xullo

A Xunta de Galicia, cunha achega de 60.000 euros, é unha das principais entidades colaboradoras deste evento que celebra por trixésimo sexta vez

As compañías galegas ocupan un 70% da carteleira, na que tamén destaca a presenza da danza e os espectáculos de Antón Reixa, Teatro en Vilo e Agnés Mateus con Quim Tarrida