Busca

Páxinas

21/04/2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participou hoxe na presentación de ‘Organización Nautilus’, o novo disco da banda viguesa

O traballo, apoiado pola Xunta de Galicia, está composto por 12 novas cancións e conta coa colaboración como ilustrador de Antón Romero, de tan só 14 anos
 

20/04/2021

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2021.- O director de Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, mantivo hoxe unha sesión explicativa dixital sobre as novas bases das subvencións á creación escénica, unha liña de axudas dotada con 800.000 euros e dirixida á produción de espectáculos de teatro, danza, novo circo e maxia por parte de compañías profesionais que desenvolvan a meirande parte do seu traballo na nosa Comunidade.

19/04/2021

O videoclip ‘Cantar do liño e Maneo de Xaviña’ presentado hoxe polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, forma parte dun proxecto musical conxunto para poñer en valor a nosa tradición máis arraigada

19/04/2021

O novo espazo dixital foi realizado co fin de facela máis interactiva e fácil de usar así como para incrementar a promoción sobre o traballo do escritor

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentouna xunto ao catálogo da mostra ‘Camiños (IN)certos. Paisaxe(s) e territorio(s) dun camiño emocional’
 

16/04/2021

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salienta no Parlamento o esforzo orzamentario que se vén incrementando un 25% nos últimos anos

Apuntou á importancia da colaboración doutras administracións para que o Estado “non siga marxinando a lírica coruñesa” e “cumpra as súas promesas”
 

14/04/2021

Prevese que o Consello da Xunta dea mañá luz verde ao convenio de colaboración que permitirá facer realidade este proxecto

Reunirá as pezas doadas polo crego Carlos Méndez, afondará na actividade comercial da Galicia do Antigo Réxime e divulgará a Feira de Monterroso

14/04/2021

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que os traballos terán un prazo de execución de catro meses

A intervención realizarase sobre un tramo de 12 metros entre os cubos XXX e XXXI, co obxectivo de resolver fisuras e outras patoloxías da pedra
 

14/04/2021

O Museo Centro Gaiás ofrece ata o 18 de xuño 80 videoconferencias didácticas, nas que tamén se inclúe a exposición ‘Os brancos segredos do seu ventre’

A Xunta busca achegar así a cultura aos escolares de terceiro de Educación Primaria en adiante con esta alternativa virtual

13/04/2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar a orde que regula, dun xeito obxectivo e transparente, a autorización dos entes de investigación que crean as universidades dentro da súa autonomía

12/04/2021

Sarabela, Excéntricas, Teatro do Noroeste, Ningures, Talía, Ibuprofeno, La Macana ou Carlota Pérez remataron xa o proceso de recuperación dos proxectos subvencionados, combinando residencias artísticas con representacións

A través desta liña extraordinaria de apoio investíronse 500.000 euros no relanzamento das montaxes de 28 compañías de teatro, danza, circo e maxia e da actividade de catro salas de exhibición diante dos efectos da pandemia