Busca

Páxinas

23/03/2021

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe ‘O perpetuo tránsito cara ao presente’ no que Miguel Moreno Mateos recrea un sistema de rego con 17 esferas de cristal que canalizan a auga procedente da choiva

Cada un dos cilindros contén material orgánico que mineraliza a auga que alimenta as sementes plantadas, nun símil coa evolución vital e tamén coa experiencia do Camiño, xa que a instalación forma parte da programación do Xacobeo’21

22/03/2021

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2021.- O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou hoxe no Parlamento de Galicia na entrega dos premios Publicidade en Galego 2021, uns galardóns que recoñecen traballos feitos no último ano.

19/03/2021

Está deseñado para o apoio e acompañamento de escritores emerxentes e inéditos, baseándose no intercambio de experiencias e coñecementos

A iniciativa nace ao abeiro do programa ‘REGA de Residencias Artísticas no Gaiás’, que abrangue creacións dos ámbitos da escena, a danza, a literatura, as artes performativas e audiovisuais ou a música

Especialmente concibido para escritores menores de 35 anos, aínda que aberto a aspirantes de todas as idades, o prazo para inscribirse está aberto ata o 16 de abril
 

17/03/2021

Require un proxecto técnico completo no que se describan en detalle todas as intervencións tal e como establece a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia

17/03/2021

Ourense, 17 de marzo de 2021.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu á inauguración da exposición "Traxes e Personaxes do Entroido Ourensán", que se desenvolveu esta mañá no Centro Cultural José Ángel Valente.

Os elementos expostos proceden de cesións realizadas por 34 concellos -hai 44 localidades representadas-, por asociacións culturais e por particulares, entre os que se atopan peliqueiros, cigarróns, boteiros ou a Morena de Laza.

17/03/2021

A Xunta programa o sábado 20 de marzo ás 12,00 horas o espectáculo familiar titulado ‘Galicia Máxica’, dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 11 anos

Contará con entrada de balde previa reserva na web da Cidade da Cultura e poderá seguirse tamén en directo a través de streaming

Un repertorio composto por contos tradicionais galegos e portugueses lembraranos a irmandade lingüística e cultural que compartimos co país veciño

16/03/2021

Esta proposta artística, que combina o recital en directo con pezas de audio e proxección de videopoesías, terá lugar mañá pola tarde

O secretario xeral de Política Lingüística e a poeta presentaron hoxe a iniciativa, que se enmarca na ampla programación da Xunta arredor do 21 de marzo

16/03/2021

Como novidade o proxecto implantarase tamén en 3º e 4º de Secundaria

Por primeira vez, poderá estudarse con este sistema en seis cursos consecutivos
 

16/03/2021

O delegado territorial, Luis López, e o xefe territorial de Educación, César Pérez, supervisan os traballos de colocación das ventás correspondentes coa segunda e derradeira fase, que quedarán rematados esta semana

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade reempraza as 107 fiestras co obxectivo de dotar de maior confortabilidade e funcionalidade ao centro musical e de favorecer a ventilación como medida de seguridade fronte á covid-19
 

15/03/2021

Dez centros educativos participaron na iniciativa, a través da que empregaron esta lingua en exclusiva durante 21 xornadas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou por videorreunión a terceira edición deste programa de dinamización