Busca

Páxinas

  • A Xunta inviste preto de 90.000 euros nunha trintena de accións de formación e capacitación profesional no ámbito cultural
10/08/2020

Canalízanse mediante cadanseu convenio de colaboración coas asociacións Agapi, Agatec, AGEM e Escena Galega para reforzar os seus respectivos proxectos formativos dentro do plan autonómico de reactivación dos sectores cultural e turístico

As actividades, presenciais e en liña, desenvolveranse durante este segundo semestre, cunha especial atención á adaptación das empresas audiovisuais, escénicas, musicais e de servizos á situación provocada pola covid-19

 

07/08/2020

A Consellería de Cultura e Turismo publica na web da Agadic a relación das compañías beneficiarias ao abeiro desta convocatoria, que introduciu nas súas bases importantes novidades consensuadas co sector

Destaca o aumento das propostas multidisciplinares e de artes do movemento entre as adxudicatarias, así como o apoio aos proxectos plurianuais de Talía e Chévere dentro dunha nova modalidade posta en marcha este ano

 

  • A COMISARIA DO XACOBEO 2021 RECIBE A JOSÉ MANUEL CALDERÓN NA ÚLTIMA ETAPA DE ‘EL CAMINO ACABA EN OBRADOIRO’
06/08/2020

O ex xogador da NBA chegou hoxe a Compostela tras percorrer o Camiño de Inverno no marco desta iniciativa impulsada por Monbús Obradoiro e a Xunta

A súa experiencia será recollida nun documental que promocionará a imaxe de Galicia na antesala do Xacobeo 2021

 

06/08/2020

Expuxo estas cuestións na presentación dun estudo de avaliación sobre o potencial desta ruta realizado polo Grupo de Análise e Modelización Económica da USC co apoio da Deputación de Ourense e o Consello Económico e Social de Galicia

O titular de Cultura e Turismo cualificou o devandito estudo como “excelente” e aliñado coa diagnose e liñas de traballo do Goberno galego

 

05/08/2020

Trátase dunha medida do Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico, que recolle máis de 2,2M€ para o impulso do sector do libro e as bibliotecas

Poderán solicitalas as empresas editoras que desenvolvan a súa actividade en Galicia e o importe máximo adxudicado poderá alcanzar os 30.000€

 

  • A XUNTA LEVA MÁIS DE 130 CONCERTOS A 35 SALAS DE TODA GALICIA CO PROGRAMA ‘DIRECTOS XACOBEO’21’ PARA A REACTIVACIÓN DO SECTOR
04/08/2020

Román Rodríguez presenta no Náutico de San Vicente a nova iniciativa, financiada con 400.000 euros pola Consellería de Cultura e Turismo e coordinada por Clubtura

Subliñou a aposta do Goberno autonómico por favorecer a reactivación do noso sector musical cun ciclo no que o talento galego é protagonista absoluto

Preto de 110 solistas e grupos galegos danlle forma a este circuíto, a través do que se busca contribuír á recuperación da actividade empresarial e artística no ámbito da música ao vivo fronte aos efectos económicos derivados da crise sanitaria

 

03/08/2020

O deportista peregrina desde hoxe cara a Compostela nunha iniciativa impulsada por Monbus Obradoiro coa colaboración da Xunta de Galicia

A súa experiencia será recollida nun documental que promocionará a imaxe de Galicia na antesala da celebración do Xacobeo 2021

 

03/08/2020

Fíxoo na inauguración da mostra ‘Viae ad limina Sancti Iacobi’ do lucense Chencho Pardo Valdés, na que resaltou o carácter hospitalario da nosa Comunidade

A exposición, composta por 42 debuxos e dúas caligrafías, poderá visitarse até o vindeiro 31 de outubro no Museo das Peregrinacións e de Santiago

 

  • Feira do Libro da Coruña 2020 (1-10/08/2020)
01/08/2020

O director xeral de Políticas Culturais participou na inauguración desta cita apoiada pola Xunta de Galicia que se celebrará ata o vindeiro día 10

Conta coa participación de preto de 20 librarías e un cento de autores que durante estes días asinarán exemplares nos Xardíns de Méndez Núñez

O Goberno galego vén de lanzar unha convocatoria extraordinaria de 300.000 euros para mellorar a oferta de bibliotecas e axencias de lectura

 

01/08/2020

Baobab Teatro, Tanxarina Títeres e Os monicreques de Kukas participan o 5, 12 e 19 de agosto, respectivamente, neste ciclo familiar na Cidade da Cultura

O Xardín do Teatro acollerá estes espectáculos, que se trasladarán ao Museo Centro Gaiás no caso de choiva

A entrada é de balde previa reserva e con limitación de capacidade para cumprir co protocolo de seguridade sanitaria pola covid-19