Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 925
- 926
- 927
- 928
- 929
- 930
- 931
- 932
- 933
- …
- seguinte ›
- última »
O templo, declarado Ben de Interese Cultural, é un dos mosteiros máis relevantes da Ribeira Sacra e unha das xoias do románico en Galicia
Realizaranse actuacións para reducir a presenza de humidades e accións de mellora das ventás, fachadas e do espazo da sancristía
O Goberno galego inviste 4,5M€ en bens desta paisaxe cultural que encara a recta final para a súa posible declaración como Patrimonio Mundial pola Unesco
Os encontros reunirán expertos do eido musical en tres sesións, baixo o título ‘Amplificando o directo: novos escenarios na contorna dixital’
As xornadas serán por primeira vez itinerantes e desenvolveranse no Salón Teatro e na Cidade da Cultura, en Santiago, e no Náutico de San Vicente, no Grove
A inscrición para a primeira sesión, prevista para o sábado 13 de marzo no Salón Teatro, xa está aberta a través da web da Fundación Paideia Galiza
Reitera o compromiso da Xunta con todas as dotacións e equipamentos culturais da Comunidade, reflectido na recente aprobación da Lei de Museos
Destaca a creación do Sistema Galego de Centros Museísticos, que mellorará a coordinación, organización e funcionamento dos mesmos; unha rede na que este museo seguirá a ser a cabeceira simbólica dos museos antropolóxicos galegos
A delegada territorial da Xunta en Vigo anunciou hoxe o visto bo da Dirección Xeral á modificación da autorización do pasado mes de maio, permitindo así a desmontaxe dos elementos de pedra das medianeiras e fachada
En todo caso, sinala que o propietario deberá garantir a posterior reposición, unha vez se rehabilite o edificio, coa numeración das pezas e o seu acopio no terreo
Román Rodríguez avanzou que os traballos que se licitarán nas vindeiras semanas van incrementar e reforzar o interese patrimonial deste espazo medieval
O obxectivo da intervención é mellorar as condicións de accesibilidade ao castelo e incorporar redes de canalización e saneamento
Tras recibir 15.000 visitantes na Cidade da Cultura, salienta que ata o 18 de abril, os ourensáns poderán admirar esta mostra que se reparte entre o Centro cultural Marcos Varcárcel e a sala de exposicións Afundación
Entre o contido da mostra, resalta a Carta Xeométrica de Galicia, trazada por Domingo Fontán, e un cartel orixinal do pintor Cándido Fernández Mazas
“Galicia é rosaliana porque Rosalía fíxonos tomar conciencia da nosa terra, da importancia do noso pobo e da relevancia de ter unha cultura e unha fala de noso. A súa obra foi a semente do bosque vizoso que é a nosa lingua”, salienta
Lembra que o galego é a nosa máis grande creación colectiva como pobo e apela ao consenso de todos para que siga sendo unha lingua viva
O circuíto retoma mañá a actividade programada en colaboración co Concello
‘O mel non caduca’, de Ibuprofeno Teatro, abre a programación, que se desenvolverá no Edificio Multiusos
Como novidade, esta iniciativa de dinamización lingüística da Xunta para impulsar o uso do galego entre os máis novos amplíase como experiencia piloto á etapa de Primaria
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na videorreunión de apertura desta terceira edición do programa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
A Filmoteca de Galicia retoma as proxeccións públicas de xeito que a partir de mañá e durante o mes de marzo reprogramará a meirande parte dos pases suspendidos
A retrospectiva dedicada ao aclamado cineasta hongkonés arranca esta semana con ‘Days of Being Wild’ e ‘As Tears Go By’
A cinemateca exhibirá o mércores ‘El año del descubrimiento’ e o venres ‘El principio del fin de las armas nucleares’, coa participación en liña dos seus autores








