Busca

Páxinas

02/06/2020

Este cuarto webinario dos ‘Foros #aculturasegue: reflexións sobre a cultura na era post covid-19’ terá lugar o xoves 4 de xuño ás 17,00 horas conducido polo director xeral de Políticas Culturais e poderá seguirse en cidadedacultura.gal

Participarán a xornalista e responsable de edición de Rinoceronte Editora, Anxa Correa, e o director da editorial Turner, Santiago Fernández de Caleya

A actividade está organizada pola Consellería de Cultura e Turismo a través da Fundación Cidade da Cultura e no marco do Xacobeo 2021

02/06/2020

O templo, declarado Ben de Interese Cultural, ten as súas orixes na Alta Idade Media e está considerado un dos mosteiros máis relevantes da Ribeira Sacra

Realizaranse actuacións para reducir a presenza de humidades e accións de mellora das ventás, fachadas e do espazo da sancristía

A intervención súmase a outras previstas polo Goberno galego no concello de Pantón, como a restauración da igrexa de Santo Estevo de Atán

01/06/2020

As actuacións terán un prazo de execución de seis meses e permitirán resolver as patoloxías existentes, mellorar a accesibilidade e recuperar a igrexa para usos culturais

01/06/2020

A intervención centraranse en resolver os problemas de humidades que sofre este inmoble, sede da Confraría das Angustias e importante espazo litúrxico na celebración da Semana Santa ferrolá

A construción dunha cámara bufa, a impermeabilización, a renovación de revocos ou a substitución puntual da cuberta, son algúns dos principais traballos previstos

  • Xeración Nós
30/05/2020

Convoca ás diferentes administracións, institucións e entidades participantes na organización do Centenario da Xeración Nós a unha reunión para acordar os termos da prolongación

29/05/2020

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2020.- A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, conduciu esta tarde a terceira sesión dos Foros #ACULTURASEGUE. Reflexións sobre a cultura na era post COVID-19, un encontro virtual que nesta ocasión estivo centrado nos desafíos aos que se enfronta o sector musical, e especialmente o da música clásica, no contexto actual marcado pola crise sanitaria.

28/05/2020

O DOG publica hoxe as bases de ambas as liñas de apoio, enmarcadas no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico

As subvencións ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais contan con 260.000 euros para continuar impulsando a preparación previa de novas producións galegas cara á súa rodaxe nos vindeiros anos

As destinadas á asistencia a foros e mercados internacionais adaptan o seu texto para axilizar o pagamento ás empresas galegas desprazadas a eventos de referencia no sector celebrados antes da crise sanitaria

 

28/05/2020

O conxunto, incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, recuperará a súa funcionalidade e lograrase frear o seu deterioro grazas a este traballo

27/05/2020

O conselleiro Román Rodríguez e o alcalde Xosé Sánchez Bugallo acordaron traballar conxuntamente na reapertura das oficinas de turismo na cidade

Decidiron convocar unha xuntanza da Comisión organizadora do Xacobeo 2021 para abordar a reactivación do Camiño de Santiago e o Ano Santo

27/05/2020

A través da Axencia Galega das Industrias Culturais, destínanse 300.000 euros a esta liña de axudas, repartidos ao 50% entre artes escénicas e música

A medida, publicada hoxe no DOG, inscríbese no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico