Busca

Páxinas

13/05/2022

A iniciativa, que plasmará versos de oito autores representativos en pasos de peóns, muros e fachadas de edificios, forma parte dos actos con motivo do Día das Letras Galegas

Esta ruta literaria chegará a trece localidades: A Coruña, Lugo, Ourense, Betanzos, O Carballiño, Foz, Muros, O Barco, Ordes, Ribeira, Sarria, Verín e Viveiro

13/05/2022

A actividade, que se complementa cunha conferencia os días 20 e 21 no marco das celebracións do Día Internacional dos Museos, así como da chegada a Compostela da mostra itinerante da Xunta e a Fundación “la Caixa” ‘Percorrer o tempo’

A maiores, co gallo da conmemoración haberá visitas contadas, un obradoiro familiar e espectáculo de narración oral e música a partir do mércores 18 e ata o domingo

O Centro Galego de Arte Contemporánea e o Museo Centro Gaiás deseñaron tamén unha programación especial para a vindeira semana, con percorridos guiados e outras propostas

13/05/2022

Haberá concertos, xogos tradicionais e outras propostas no xacemento e o espazo museístico da Xunta os días 17, 18 e 21, con entrada libre ata completar a cabida

13/05/2022

A Xunta desenvolve a programación do mércores 18 ao domingo 22 con entrada libre ata completar cabida, agás no caso dos obradoiros familiares, que requiren inscrición previa

13/05/2022

O Museo Arqueolóxico Provincial ofrece percorridos polas súas instalacións da Carballeira e a sala Escolma de escultura en San Francisco, ademais de obradoiros para escolares no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrán de Las

O Museo Etnolóxico de Ribadavia desenvolverá diversas accións divulgativas centradas nos distintos tipos de patrimonio, con talleres, percorridos, música e cinema, entre outras propostas
 

12/05/2022

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, intervén na entrega destes galardóns que promoven a lectura en lingua galega e o seu uso no ámbito audiovisual entre os escolares

12/05/2022

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación da 13ª edición do certame, que do 27 de maio ao 5 de xuño proxectará 138 pezas, ademais de organizar live performances, talleres, encontros profesionais ou actividades en centros de ensino

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade subvenciona o evento con 40.000 euros a través da convocatoria de axudas a festivais do sector audiovisual, da que se benefician outros dez encontros de toda Galicia

12/05/2022

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na inauguración do III Congreso Internacional de Bandas de Música, que se celebra no Conservatorio Superior de Música de Vigo co apoio da Xunta

Desenvólvese ata o sábado coa participación de numerosos profesionais e investigadores de musicoloxía de España que analizarán o traballo, historia e repertorio desta tipoloxía de agrupacións musicais

12/05/2022

A exposición da Xunta dedicada ao autor de Valdeorras conta con arredor de 40 pezas, entre libros, xornais, CD´s ou revistas, dos fondos custodiados no Gaiás

Entre as obras destacan os exemplares orixinais das súas publicacións de poesía e os números impresos da revista ‘Vieiros’

O acto de inauguración contou coa presenza de Ricardo Gurriarán, en representación da familia do homenaxeado

11/05/2022

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na presentación do concerto, que pon de manifesto a histórica relación entre Galicia e Cuba con letras do escritor de Vila de Cruces