Busca

Páxinas

25/05/2022

O Consello aproba as bases destas subvencións para proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos, e adaptación aos novos hábitos de consumo cultural

Trátase dunha das liñas de apoio ao sector cultural galego xestionada pola Administración autonómica ao abeiro dos fondos Next Generation
 

24/05/2022

O eixo central será a mostra ‘Constelación Luz. Luz Pozo Garza (1922-2022)’ que se inaugura o 9 de xuño con pezas persoais da autora, ao redor da que se farán unhas xornadas académicas e se editará un catálogo que documente o resultado

Unha formación vinculada á Orquestra Sinfónica de Galicia musicará o seu libro ‘Sol de Medianoite’ para mezzosoprano e orquestra de corda nun concerto na Cidade da Cultura coincidindo coa data exacta do centenario, o 21 de xullo

24/05/2022

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades comproba o avance da filmación da nova película de Enrique Otero, subvencionada pola Xunta con máis de 230.000 euros a través da convocatoria para produción e coprodución audiovisual

A xornada desenvólvese na urbanización A Palloza de Teo, unha das localizacións da gravación na área compostelá tras o seu paso por Ourense, Culleredo, Arteixo, O Grove e Santiago, ata completar seis semanas na nosa Comunidade

23/05/2022

A obra foi editada no marco do Xacobeo 21-22 e coa colaboración da Academia Xacobea

Trátase dun libro coral coa autoría de 13 académicos coa que contribuír a difundir o Camiño de Santiago e os seus valores

 

23/05/2022

O delegado territorial, Luis López, a comisaria do Plan Xacobeo, Cecilia Pereira, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participaron hoxe na posta de longo do festival, que terá lugar do 2 ao 4 de xuño

Trátase do primeiro gran evento dos Concertos do Xacobeo, que traerán a máis de 300 artistas a case cincuenta concellos da comunidade a través de setenta concertos e espectáculos

23/05/2022

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, coñeceu de man do restaurador o proceso, no que se aplica a tecnoloxía de redución electrolítica para eliminar a corrosión producida polo mar de xeito rápido, eficaz e perdurable

Representantes de empresas galegas de arqueoloxía subacuática e alumnado da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia puideron asistir ás xornadas de traballo desenvolvidas na última semana
 

23/05/2022

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitaron as instalacións do centro

A Consellería de Cultura asina un convenio para colaborar co mantemento do museo, o principal centro marítimo español dedicado á historia da construción naval, dando continuidade ao apoio dos últimos anos para o seu arquivo e salas de exposición

23/05/2022

Advirte que só prevé dedicar a linguas cooficiais 30 millóns de euros dos 1.100 existentes no PERTE lingüístico, algo que resulta “insuficiente”

Pide un “apoio específico” que contribúa á necesaria integración nas contornas dixitais por parte das linguas cooficiais

Mantivo un encontro coa comisionada especial para a Alianza pola Nova Economía da Lingua, Cristina Gallach, coa que visitou as instalacións do Edificio Fontán, sede dos investigadores que están a traballar na posta en marcha do ‘Proxecto Nós’

21/05/2022

O galardón, que pasa a estar dotado con 15.000 euros, está dirixido a asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que protexen a Ruta Xacobea

Nas dúas últimas edicións premiouse a entidades do Camiño de Almería, Pirineos, Ávila e Hungría, así como a Antolín de Cela, promotor de varios proxectos no Bierzo e, a título póstumo, ao médico, antropólogo e académico galego José Carro Otero

20/05/2022

Tras congregar máis de de 21.000 visitantes na Cidade da Cultura de Galicia, ‘O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra’ poderá visitarse no Museo do Mar de Galicia ata o vindeiro 4 de setembro dentro do programa de itinerancias

Composta por 120 imaxes e comisariada por Lucía Laín, a mostra dialoga entre a fotografía do pasado e unha mirada actual ás realidades deste itinerario cultural