Busca

Páxinas

15/06/2022

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación do programa desta 38ª edición, que se desenvolverá do 15 ao 24 de xullo baixo o lema ‘Actuando nas marxes’

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades é unha das principais entidades colaboradoras da MIT, coa que mantén un convenio que lle recoñece a súa relevancia no sistema teatral galego

Presenta unha vintena de producións de Perú, Portugal e de diferentes puntos de Galicia e do resto de España

15/06/2022

A artista tudense actúa mañá en Santiago de Compostela no marco da xira de presentación do seu disco Salvado-Piano Works

O álbum, publicado por Warner Music, contou co apoio económico da Xunta a través da convocatoria de 2020 ao fomento e promoción do talento musical galego
 

15/06/2022

O director xeral de Cultura destaca esta cita como unha das máis importantes da Península Ibérica e referente na lusofonía neste eido

Reafirma o compromiso do Goberno galego con iniciativas coma esta, que contribúen á descentralización da cultura e ao intercambio entre os pobos
 

14/06/2022

O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega dos galardóns convocados pola CRTVG a través do seu exitoso formato

O colexio CEIP Plurilingüe San Clemente (Caldas), o instituto IES Virxe do Mar (Noia) e o colexio CEIP Plurilingüe Antonio Fernández López (Sarria) recibiron o premio de ouro, prata e bronce respectivamente

14/06/2022

Culmina así un proceso participativo iniciado en febreiro para que o sector cultural presentase propostas culturais susceptibles de optar aos fondos europeos

Participaron 55 entidades con 82 achegas que serven tanto para enriquecer os proxectos previamente deseñados como para crear outros novos

Incorpóranse propostas que afondan no patrimonio, no fortalecemento da industria cultural, no libro infantil e xuvenil, nas artes, na música ou na investigación

14/06/2022

Presentará en concerto o seu segundo disco, no que combina ritmos latinos e música urbana, acompañado no escenario por varios dos seus colaboradores habituais

Será na noite do venres 24 de xuño, na Praza Central do Gaiás, con entrada de balde
 

11/06/2022
Celebrarase do 4 ao 10 de xullo e os cativos aprenderán tanto melodías galegas como brasileiras da man de mestres convidados e diferentes músicos

Previamente, a fin de semana anterior, terá lugar o festival de música de corda Encordass Fiddle Fest dirixido a público xeral para o que está aberta a inscrición
10/06/2022

Este Encontro Galego de Cultura Popular, que se inicia hoxe e se prolonga ata o domingo, preséntase como un dos maiores eventos en Galicia ao redor da pandeireta

Román Rodríguez convida a gozar dunha festa que vivirá o seus momentos máis especiais no festival folclórico de hoxe, no gran foliadón de mañá ou no concerto de coros históricos do domingo

Davide Salvado, Fransy González ou Faltriqueira compartirán escenario con agrupacións como Xacarandaina, Rebulir ou Donaire

10/06/2022

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a exposición ‘O museo como escenario’, que poderá verse ata o día 2 de outubro

A partir das propostas de Rosana Antolí, Marta Pazos e Berio Molina, os espazos do museo convértense en lugar de produción e experimentación onde os visitantes poden interactuar coas obras
 

10/06/2022

Apoiaranse proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos, e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual para espazos de exhibición comercial

O DOG publica hoxe as bases desta convocatoria, para a que o prazo de solicitude estará aberto desde mañá e ata o 11 de xullo