Busca

Páxinas

17/06/2022

Exhibe obras de numerosos artistas vencellados á cidade herculina –como Vítor Mejuto, Xulia Pisón, Christian García Bello, Estíbaliz Espinosa ou Damián Ucieda– e conta con colaboradores como os científicos María D. Mayán e Moisés Canle

Anxo M. Lorenzo salienta “o carácter colectivo dun proxecto que implicou a medio centenar de artistas e científicos galegos e que se propuxo impulsar procesos creativos propios e converterse nun elemento xerador de actividade no sector cultural”

17/06/2022

Duplícase o apoio a este certame do que Román Rodríguez resalta o “salto de calidade e prestixio” nas súas nove edicións que o consolida como referente

Celebrarase do 12 ao 24 de agosto con concertos en lugares emblemáticos como a Catedral de Mondoñedo ou a Fábrica de Sargadelos, entre outros

Contará con importantes figuras da música clásica, así como coa Orquestra Sinfónica de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia
 

16/06/2022
Trátase dun galardón impulsado pola Academia Xacobea que conta co apoio da Xunta de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística tamén interveu na presentación do poemario ‘A mar, amar’ de Xosé Luna
16/06/2022

O conselleiro de Cultura participa en Vigo na inauguración de ‘Soños dun navegante. Colección de Arte Cubana Contemporánea Luciano Méndez Sánchez’

 

16/06/2022

A intervención promovida pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades en colaboración co Institute of Nautical Archeology de Texas pretende avanzar no estudo da construción naval do século XVI

O equipo técnico liderado polo arqueólogo Miguel San Claudio centrarase en sondar o perfil transversal do buque para continuar cos estudos iniciados en 2018

15/06/2022

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación do programa desta 38ª edición, que se desenvolverá do 15 ao 24 de xullo baixo o lema ‘Actuando nas marxes’

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades é unha das principais entidades colaboradoras da MIT, coa que mantén un convenio que lle recoñece a súa relevancia no sistema teatral galego

Presenta unha vintena de producións de Perú, Portugal e de diferentes puntos de Galicia e do resto de España

15/06/2022

A artista tudense actúa mañá en Santiago de Compostela no marco da xira de presentación do seu disco Salvado-Piano Works

O álbum, publicado por Warner Music, contou co apoio económico da Xunta a través da convocatoria de 2020 ao fomento e promoción do talento musical galego
 

15/06/2022

O director xeral de Cultura destaca esta cita como unha das máis importantes da Península Ibérica e referente na lusofonía neste eido

Reafirma o compromiso do Goberno galego con iniciativas coma esta, que contribúen á descentralización da cultura e ao intercambio entre os pobos
 

14/06/2022

O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega dos galardóns convocados pola CRTVG a través do seu exitoso formato

O colexio CEIP Plurilingüe San Clemente (Caldas), o instituto IES Virxe do Mar (Noia) e o colexio CEIP Plurilingüe Antonio Fernández López (Sarria) recibiron o premio de ouro, prata e bronce respectivamente

14/06/2022

Culmina así un proceso participativo iniciado en febreiro para que o sector cultural presentase propostas culturais susceptibles de optar aos fondos europeos

Participaron 55 entidades con 82 achegas que serven tanto para enriquecer os proxectos previamente deseñados como para crear outros novos

Incorpóranse propostas que afondan no patrimonio, no fortalecemento da industria cultural, no libro infantil e xuvenil, nas artes, na música ou na investigación