Busca

Páxinas

29/06/2022

A cidade de Tromso acollerá un primeiro encontro presencial no que participará a compañía galega Moving Compass

Profesionais de sete países desenvolverán accións escénicas conxuntas para a transmisión de coñecemento entre xeracións
 

28/06/2022

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación do programa desta edición, que se desenvolverá do 12 ao 19 de agosto

O evento atópase entre os subvencionados a través da convocatoria para festivais de artes escénicas, que distribúe 200.000 euros entre 13 citas de toda Galicia
 

28/06/2022

A modalidade de subvencións para eventos musicais distribúe 350.000 euros entre 21 citas, dúas máis que o ano pasado, grazas ao incremento do 3% na súa dotación

Barbeira Season Fest de Baiona, Loro Facu de Miño, Música na Rúa de Escairón, Nachiños Fest de Ferrol e Ouren Sound súmanse en 2022 á listaxe de beneficiarios desta convocatoria anual da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades

27/06/2022

O programa de actuacións en directo comeza o 7 de xullo con Los Jinetes del Trópico e continúa ata o 26 de agosto todos os xoves e venres á tardiña

Pola Praza Central da Cidade da Cultura pasarán diversos estilos musicais que van desde o pop á canción de autor, o flamenco ou a electrónica

O ciclo, de acceso libre e de balde, conta con grupos galegos e do resto do territorio español e Portugal, como son MJ Pérez, Caldo, Terrae, Ruiseñora ou Lusillón
 

27/06/2022

O festival terá lugar do 29 de xuño ao 3 de xullo. Contará coa participación de bandas como Deftones, Bullet for my Valentine, Alien Weaponry, Sabaton, Avenged Sevenfold e Judas Priest, entre outros

O evento consolídase como unha das principais citas europeas e a máis importante de España no seu xénero

Nava Castro animounos a solicitar declaración do festival como Festa de Interese Turístico de Galicia

27/06/2022

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reúnense coa directora do certame, Rebeca Maseda

É unha das propostas que apoia o Goberno galego para estender as iniciativas culturais de calidade nos eidos rurais, neste caso cunha proposta de música antiga

Do 3 ao 10 de xullo celebraranse actividades en lugares como a Catedral, o Auditorio Municipal, a Casa dos Cóengos ou a residencia e o centro de día e asistencial
 

26/06/2022

A Xunta organiza oito cursos ao longo do segundo semestre do ano na Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo

As actividades formativas comezarán o 11 de xullo cun taller de planificación física e prevención de lesións nesta disciplina artística, que impartirá María Jesús Peces-Barba seguindo o seu ‘Adapt Method’

24/06/2022

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o alcalde do municipio pontevedrés, Ricardo Martínez, formalizan a colaboración nunha visita a este centro museístico

Inclúense desde pupitres e encerados ata material escolar como plumas do alumnado, tinteiros, ábacos, mapas, cadernos de caligrafía ou tomos de enciclopedia
 

24/06/2022

Avanza o estudo dun equipo de investigación da Universidade de Santiago que calcula resultados económicos directos durante as obras e indirectos pola actividade xerada ao seu redor “superiores ás expectativas iniciais, que se reflectiron na cadea de valor”

“A pegada histórica, espiritual e cultural da Catedral non se pode medir de xeito tanxible, pero estes datos permítennos constatar o papel como motor económico que tamén representa”, salienta o titular de Cultura da Xunta
 

24/06/2022

Dirixido a público adulto, desenvolverase o domingo 26 de xuño en horario de mañá e cómpre inscrición previa para participar

A iniciativa forma parte da ampla programación didáctica e de lecer desenvolvida polo centro, na que participaron preto de 2500 escolares no que vai de ano

O Conxunto Etnográfico do Cebreiro comeza tamén as actividades estivais en xullo cun encontro sobre cestería