Busca

Páxinas

18/07/2022

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participa na presentación desta cita que se celebra entre os días 28 e 31 en adegas, paraxes naturais e enclaves históricos da contorna

Este encontro, que inclúe no seu programa bandas como Eladio y los Seres Queridos, Lola Marsh Coolnenas ou Manel, é un dos 21 beneficiarios das axudas da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades á organización de festivais

 

18/07/2022

O director de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación da iniciativa que se celebrará do 12 ao 24 de agosto con concertos en lugares como a Catedral de Mondoñedo ou a Fábrica de Sargadelos

18/07/2022

O conselleiro de Cultura visita este BIC que une as provincias de Pontevedra e A Coruña sobre o río Ulla e cuxas obras de mellora veñen de ser licitadas
 

Os traballos están dirixidos a solucionar os problemas existentes que afectan á consolidación e ao pavimento e a recuperar tanto as lastras como a contorna
 

A ponte está protexida polo seu valor patrimonial coa declaración de Ben de Interese Cultural coa categoría de monumento histórico-artístico
 

17/07/2022

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades adxudica 460.000 euros en subvencións, a través das que se contribúe ao desenvolvemento de 512 funcións escénicas e concertos

Ainé Producións, Voadora, Teatro Ensalle, Títeres Cachirulo, Xabier Díaz, Guadi Galego ou Carlos Núñez atópanse entre os máis de 50 artistas, empresas e formacións beneficiarias na convocatoria de 2022
 

16/07/2022

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa nos actos onde salienta o papel dinamizador e vangardista deste colectivo de intelectuais

16/07/2022

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades impulsa a colaboración exterior e a expansión desta disciplina artística ao colaborar co encontro organizado polo prestixioso Certamen Internacional de Coreografía Burgos & Nueva York

A produción galega ‘Estancia Paisaje’, de Esther Latorre e Hugo Pereira do Colectivo Glovo, Paula Quintas e Fran Martínez, é un dos tres espectáculos a concurso nesta iniciativa que se estende por vez primeira polo territorio galego
 

15/07/2022

O conselleiro Román Rodríguez subliña que a decisión do xuíz coñecida hoxe avala os pasos dados ata agora polo Goberno galego, con unidade entre as administracións e o máximo rigor no proceso, seguindo os criterios dos técnicos e os xuristas

Felicita aos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, peza clave nesta resolución favorable, cuxa “cualificación e preparación” é eloxiada polo xulgado
 

15/07/2022

O volume, coeditado pola Axencia Galega das Industrias Culturais e Edicións Positivas, recolle a adaptación dramática asinada por Cándido Pazó da novela de Albert Camus

15/07/2022

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación desta cita de música clásica con sete concertos de cámara de artistas nacionais e internacionais

14/07/2022

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na apertura da exposición que reúne 51 obras deste pintor, referente do gravado arxentino do século XX, que mantivo estreitos lazos con galegos exiliados en América

O proxecto, organizado pola Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, rende homenaxe ao pintor con motivo do centenario do seu nacemento