Busca

Páxinas

18/08/2022

A actuación levarase a cabo ao abeiro dun convenio asinado hoxe polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades e o alcalde de Curtis

 

A intervención contará cun prazo de execución de nove meses para converter este espazo nun museo sobre a vida e obra da autora

 

O representante autonómico salienta que a colaboración permitirá sumar unha nova alternativa cultural e artística no rural ao tempo que se recupera unha parte do patrimonio histórico do concello e a figura da artista

17/08/2022

O Diario Oficial de Galicia publica as bases reguladoras desta convocatoria, que abre mañá o prazo dun mes para presentar solicitudes para a fase de preprodución de futuras películas e series
 

Esta liña reforzouse en 2022 cos 1,2M€ adxudicados no marco do Hub Audiovisual a 12 produtoras para a preparación simultánea de entre tres e cinco propostas en cada caso, de xeito que se impulsan os traballos previos de 47 próximas producións
 

14/08/2022

Os músicos que acompañan dende hai máis de 25 anos a Joaquín Sabina nas súas xiras e na gravación dos seus discos tocarán o 19 de agosto en Lugo, o 24 en Sanxenxo e o 25 en Santiago de Compostela co patrocinio da Xunta

O lucense Carlos García-Boente, vocalista do grupo tributo La Penúltima Sabinera, tamén participará nestes espectáculos musicais arredor do amplo repertorio do cantautor xienense
 

14/08/2022

Os centros museísticos manteñen aberta estes meses máis dunha vintena de exposicións que reúnen distintas disciplinas como fotografía, ‘performance’ ou videocreación e tamén están en marcha varias mostras itinerantes de rúa

Máis de 600 actividades de dinamización da lectura entre obradoiros, monicreques e narración oral enchen de programación as bibliotecas

13/08/2022

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, remite unha carta ao ministro da área, Miquel Iceta, para impulsar esta iniciativa, “que recoñeza o peso deste sector na economía e contribúa ao seu fortalecemento”

A petición da Xunta de Galicia parte do “convencemento de que a cultura non pode quedar á marxe da gran oportunidade que supoñen os fondos europeos”

Galicia presenta 19 proxectos enriquecidos e deseñados ao abeiro dun proceso de participación e diálogo co sector con 82 achegas de 55 entidades

 

12/08/2022

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades participa na VII Xornada que cada ano organiza a entidade con actividades que aglutinan arte e natureza

10/08/2022

Vigo, 10 de agosto de 2022

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiu este mércores aos actos celebrados na parroquia viguesa de Coruxo con motivo das Grandes Festas de San Lorenzo.

10/08/2022

O delegado territorial abordou co alcalde de Cospeito a comunicación que a Deputación fixo ao Goberno Galego para mercar a metade da torre e a opción legal que ten a Xunta de exercer o dereito de tanteo nos próximos tres meses para comprala na súa totalidade

Arias considera “necesario a colaboración leal de todos para garantir o futuro deste BIC”

A Xunta ofrece, máis aló do convenio asinado en xuño para a compra da torre, financiación para a súa recuperación
 

10/08/2022

Un convenio de colaboración permitirá cuantificar e documentar as pinturas rupestres que existen neste espazo considerado Ben de Interese Cultural
 

O traballo de campo desenvolveuse nas últimas semanas cun equipo multidisciplinar coordinado por Ramón Fábregas Valcarce, catedrático da USC, e dirixido por Fernando Carrera Ramírez, profesor da Escola Superior de Conservación de Pontevedra
 

A intervención funcionou como un curso práctico, xa que participaron cinco alumnos de dita escola e investigadores universitarios
 

10/08/2022

Actuarán grupos de Ciudad Real, Asturias e León ademais dos organizadores, a Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros