Busca

Páxinas

01/09/2022

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na rolda de presentación do certame, que se desenvolverá entre os vindeiros días 11 e o 24

A de Bueu é unha das 11 citas subvencionadas este ano pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través da súa convocatoria de axudas a festivais considerados estratéxicos para o sector audiovisual
 

01/09/2022

‘A porta aberta’ é unha intervención artística e vivencial sobre este espazo do Gaiás, onde a artista galega traballará durante un mes, amosando o seu proceso de creación e conversando coas persoas visitantes nun lugar aberto á participación
 

Foi o proxecto gañador do concurso dirixido aos participantes no Encontro de Artistas Novos co apoio da Fundación Banco Sabadell
 

O director xeral de Cultura destaca que este certame artístico procura “apoiar a arte emerxente, ofrecendo aos novos talentos un espazo creativo non convencional”

01/09/2022

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade impulsa este programa de exhibición, que se desenvolve desde mediados de xullo en 88 concellos para ofrecer 298 funcións escénicas e concertos a cargo de máis 130 formacións galegas
 

Nomes da música como Treixadura ou Xoán Curiel forman parte da intensa oferta destas últimas xornadas, que tamén inclúe profesionais da maxia como o Mago Antón e Cayetano Lledó, formacións circenses como Circo Chosco ou compañías teatrais como A Xanela do Maxín

31/08/2022

A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu este mércores a apertura da nova edición do Barbeira Season Fest que se celebrará ata o 4 de setembro
 

Pablo Novoa, Amaro Ferreiro, Wöyza e Uxía foron os encargados de abrir o evento cunha actuación desde o balcón do Hotel Bayona
 

Os grupos DePedro, Zahara, León Benavente e Triángulo de Amor Bizarro son os cabezas de cartel do festival
 

Máis de 20 bandas actuarán nos escenarios dunha cita que tamén ofrece actividades paralelas como gastronomía, charlas ou bautismos de mar con paddle surf

31/08/2022

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación desta iniciativa de intercambio cultural con Asturias, Cantabria, País Vasco e, por primeira vez este ano, Navarra
 

A parte galega da programación desenvolverase do 10 setembro ao 9 de outubro en Santiago de Compostela, Arzúa, Lugo, Ames, Vilalba, Viveiro e Carballo cos espectáculos de oito formacións artísticas do resto de comunidades implicadas
 

31/08/2022

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou que a intervención ten por obxecto corrixir as patoloxías detectadas para garantir a conservación e promoción cultural do ben

31/08/2022

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o delegado territorial da Coruña, Gonzalo Trenor, reuníronse cos representantes da directiva da Asociación Amigos de la Ópera para valorar a colaboración deste ano no marco do Xacobeo 2021-2022

A recoñecida cantante armenio-lituana protagoniza a primeira dunha quincena de citas co bel canto, entre as que destacan tamén a posta en escena da ópera Norma, a versión concerto de ‘A forza do destino’ e ‘Ariodante’, a gala de conmemoración do 70º aniversario e o recital do tenor francés Roberto Alagna
 

30/08/2022

O delegado territorial da Xunta visitou hoxe os traballos arqueolóxicos, que datan a embarcación entre os anos 1050 e 1260 e que sería utilizada para cruzar a ría en lugar de rodear ata Vegadeo ante a ausencia de pontes

30/08/2022

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reúnese con Alfonso Blanco, director xeral da produtora Portocabo

O Goberno autonómico achega unha axuda de 300.000 euros para a nova quenda de capítulos desta ficción de Movistar Plus+

O retorno económico da filmación da primeira temporada en Ferrolterra, tamén con axuda deste fondo autonómico para a atracción de rodaxes, estímase en 5,6 M€

29/08/2022

Dirixido por Rafael Doctor, o ‘EAN’ ofrécelles a oportunidade de amosar o seu proxecto artístico, establecer sinerxías e aprender de nomes como Ana Esmith (Miss Beige), Tono Arias, Beatriz Lobo ou Miguel Scheroff, que participan este ano como relatores

O conselleiro de Cultura destaca o ‘Encontro de Artistas Novos’ como “unha das citas de referencia da arte contemporánea da Península, por onde pasaron xa máis de 700 creadores desde que en 2011 formase parte da primeira programación do Gaiás”