Busca

Páxinas

13/05/2022

Haberá concertos, xogos tradicionais e outras propostas no xacemento e o espazo museístico da Xunta os días 17, 18 e 21, con entrada libre ata completar a cabida

13/05/2022

A Xunta desenvolve a programación do mércores 18 ao domingo 22 con entrada libre ata completar cabida, agás no caso dos obradoiros familiares, que requiren inscrición previa

12/05/2022

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, intervén na entrega destes galardóns que promoven a lectura en lingua galega e o seu uso no ámbito audiovisual entre os escolares

12/05/2022

A exposición da Xunta dedicada ao autor de Valdeorras conta con arredor de 40 pezas, entre libros, xornais, CD´s ou revistas, dos fondos custodiados no Gaiás

Entre as obras destacan os exemplares orixinais das súas publicacións de poesía e os números impresos da revista ‘Vieiros’

O acto de inauguración contou coa presenza de Ricardo Gurriarán, en representación da familia do homenaxeado

12/05/2022

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación da 13ª edición do certame, que do 27 de maio ao 5 de xuño proxectará 138 pezas, ademais de organizar live performances, talleres, encontros profesionais ou actividades en centros de ensino

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade subvenciona o evento con 40.000 euros a través da convocatoria de axudas a festivais do sector audiovisual, da que se benefician outros dez encontros de toda Galicia

12/05/2022

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na inauguración do III Congreso Internacional de Bandas de Música, que se celebra no Conservatorio Superior de Música de Vigo co apoio da Xunta

Desenvólvese ata o sábado coa participación de numerosos profesionais e investigadores de musicoloxía de España que analizarán o traballo, historia e repertorio desta tipoloxía de agrupacións musicais

11/05/2022

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na presentación do concerto, que pon de manifesto a histórica relación entre Galicia e Cuba con letras do escritor de Vila de Cruces

11/05/2022

A iniciativa foi realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022

O proxecto pon en valor o traballo co patrimonio inmaterial galego-portugués de escolas galegas e portuguesas a partir de álbums fotográficos familiares
 

11/05/2022

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa nunha ofrenda floral en Padrón e na lectura pública da obra ‘A Rosa’, unha iniciativa promovida polo alumnado de distintos centros de ensino na honra do escritor padronés

Os actos conmemorativos enmárcanse na programación da semana das Letras Galegas e do Día Internacional dos Museos no Museo Camilo José Cela
 

11/05/2022

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade desenvolve este programa ao abeiro do seu Hub Audiovisual da Industria Cultural e coa colaboración da asociación Videoxogo.gal como entidade encargada da súa xestión

O DOG publica hoxe as bases da convocatoria para elixir as empresas e profesionais, con menos de 10 meses de actividade neste ámbito, ás que se lles facilitarán ferramentas de consultaría e promoción para axilizar a súa saída ao mercado