Busca

Páxinas

14/09/2016

A exposición integra un amplo programa de actividades promovidas pola Xunta de Galicia e por outras institucións culturais e administracións para conmemorar o centenario da súa creación

O Teatro Colón acolle mañá o concerto de presentación na Coruña do traballo discográfico ‘Son de Nós’, de 2naFronteira, no marco das iniciativas impulsadas desde a Consellería de Cultura e Educación
 

14/09/2016

O encontro internacional celebra a súa sexta edición cun programa de cinco concertos do 19 ao 23 de setembro en Santiago de Compostela

Promovido pola Asociación Peregrinos Musicais co apoio de Cultura e Educación, o festival ten como obxectivo impulsar o lanzamento internacional destas promesas da música clásica
 

14/09/2016

A nova edición desta iniciativa formativa internacional para guionistas e directores de televisión arrancará en Galicia do 18 ao 23 de xaneiro para continuar en Italia no mes de marzo e en Francia en abril, no marco do foro de coprodución Series Mania

Ábrese ata o 17 de outubro o prazo para presentar propostas inéditas de series televisivas, entre as que se seleccionarán os nove proxectos europeos que participarán no laboratorio
 

14/09/2016

O guitarrista Samuel Diz presentará o 27 de outubro o seu disco ‘Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca’, nun espectáculo en diálogo cun dos maiores coñecedores da figura do poeta, o hispanista Ian Gibson

Música e pensamento uniranse neste concerto, apoiado pola Xunta de Galicia, á palabra da xornalista Carolina Alba, que declamará fragmentos da obra lorquiana

Na presentación do proxecto, o secretario xeral de Cultura destacou a “dimensión afectiva e creativa” da vinculación de Lorca con Galicia
 

12/09/2016

O traballo inclúe un libro coa edición das pezas e un disco interpretado polo grupo Vox Stellae, que se presentará en concerto os días 16 e 23 de setembro en Tui e en Santiago de Compostela

12/09/2016

A nova carteleira arranca mañá con dúas sesións previas do apartado Fóra de Serie: ‘Todos queremos algo’, de Richard Linklater e ‘Las mil y una noches: Vol I: El inquieto’, de Miguel Gomes

Senllos ciclos sobre o cineasta arxentino Martín Rejtman e o norteamericano Bruce Baillie, dúas sesións dedicadas a Sergei Loznitsa e unha semana de cine fantástico son parte dos contidos do primeiro calendario bimestral

Retómase tamén a programación en Vigo e Ourense, con dez títulos no Cineclube Lumière e outros sete no Cineclube Padre Feijoo