Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 611
- 612
- 613
- 614
- 615
- 616
- 617
- 618
- 619
- …
- seguinte ›
- última »
O Teatro Afundación de Vigo acolle o novo espectáculo da compañía pública, dirixido por Mercedes Suárez e con coreografías de Kenneth Tindall e Iker Gómez a partir da composición de Antonio Vivaldi
A produción continuará a súa xira galega ata primeiros de decembro, con funcións programadas en Rianxo, Vilagarcía, Ourense, O Barco, Pontevedra e Santiago
Propter magnare creatus. Lingua, literatura e gastronomía entre Italia e a península Ibérica celébrase en Santiago de Compostela co apoio da Xunta de Galicia
Anxo Lorenzo destaca a gastronomía como “tema de inspiración de primeira orde na creación artística”
Máis de 70 personalidades como Joan Roca, Vicente del Bosque, José Luis Cuerda ou a deportista Gisela Pulido se darán cita ata o 1 de outubro na Cidade da Cultura no maior evento dedicado ao emprendemento universitario
Organizado por RedEmprendia, Banco Santander, a USC e a Xunta de Galicia, o ‘Spin 2016’ contará con obradoiros, seminarios, concertos, marketplace e un foro de investimento internacional
Os galardóns tamén recoñecen este ano a compañía Sarabela Teatro, a cooperativa Numax, a Irmandade Xurídica Galega e o Museo de Pontevedra
Convocados pola Xunta de Galicia, os premios recoñecen o traballo de persoas e institucións nos ámbitos das letras, das artes plásticas, das artes escénicas, da música, do audiovisual, da lingua, do patrimonio cultural e da proxección exterior
Tras despedirse do Instituto Cervantes de Madrid, a exposición 'Uns ollos vivos que pensan', producida pola Fundación Cidade da Cultura e comisariada por Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal, chegará ao Centro Cultural Borges de Bos Aires o 18 de outubro
A mostra poderá ser visitada posteriormente en Montevideo, outra das cidades nas que viviu o fotógrafo de Allariz
A súa vixésima quinta edición desenvolverase do 23 de setembro ao 29 de outubro
É un dos 22 festivais apoiados este ano a través da convocatoria pública de axudas para eventos profesionais de artes escénicas e de música
A exposición de Xurxo Lobato está formada por 70 imaxes en gran formato de persoas líderes en sectores como a cultura, a ciencia ou a empresa e cidadáns anónimos cos que o fotoxornalista indaga na identidade galega
Conta co patrocinio de Gas Natural Fenosa e a colaboración da Fundación BancSabadell e pode visitarse na Biblioteca e Arquivo de Galicia con entrada de balde
Os representantes de 22 empresas dos sectores audiovisual e do libro manteñen 54 xuntanzas bilaterais a partir do estudo de guión sobre 32 títulos propostos
A Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura organiza a segunda edición deste encontro en colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a Asociación Galega de Editores (AGE)
Cultura, USC e o Concello de Betanzos coeditan ‘Carlos López-García Picos. Música a orillas del Atlántico’, froito da investigación sobre a vida e a obra do músico galego








