Busca

Páxinas

Estado do trámite:
07/09/2016

Xa están á venda as entradas para esta programación, que ofrecerá en Santiago de Compostela, entre o 20 e o 22 de outubro, unha selección do mellor da escena emerxente internacional no ámbito da música tradicional

O secretario xeral de Cultura destacou a calidade e a diversidade da oferta cultural que traerá á capital de Galicia a maior feira de músicas do mundo
 

06/09/2016

A Casa da Matanza exhibirá, ao termo da exposición ‘Con-fío en Galicia’, a recreación dun traxe da poetisa realizado pola deseñadora Carmen Pichel a partir dunha fotografía de 1855 pertencente á Real Academia Galega

05/09/2016

A vida e a obra do premio Nobel galego centran o cómic O misterioso guía da Fundación Camilo José Cela, promovido pola Consellería de Cultura e Educación e polo Concello de Padrón

O novo proxecto editorial, realizado por Fausto Isorna e publicado por El Patito Editorial, enmárcase na programación que conmemora o centenario do novelista

04/09/2016

O galardón, outorgado pola Fundación Curros Enríquez co apoio da Consellería de Cultura e Educación, recoñece dende hai 32 anos traxectorias no campo da defensa da Cultura Galega

 

  • Pierre Baudin por Cao Luaces
03/09/2016

O legado artístico deste esquecido debuxante de Cervo, considerado o patriarca da caricatura arxentina, poderá verse ata o 28 de setembro na cidade da muralla

A Consellería de Cultura e Educación e o Club de Prensa de Ferrol promoven esta exposición itinerante, xunto cun ciclo de conferencias impartidas por Siro López, para recuperar o legado do artista e difundilo entre a cidadanía
 

02/09/2016

Os concertos de Odaiko, Zoar, Toxos e Froles, Galicia Fiddle Orquestra, Coral de Ruada, Hércules Brass e Coral Cantigas e Agarimos, entre as actuacións programadas na primeira quincena deste mes

Palabras máxicas, do mago Dani García, remata esta semana en Ponteareas e Ribadavia tras visitar 20 concellos da Rede de Dinamización Lingüística

01/09/2016

A Agadic subvenciona este certame que se celebra do 7 ao 11 de setembro nunha decena de espazos da cidade, que acollerán máis de 40 propostas culturais entre concertos, encontros profesionais e actividades centradas nas artes visuais, a escena, o cinema e a gastronomía

A organización presentou hoxe as últimas confirmacións dun cartel entre o que se atopan figuras internacionais como Silver Apples, Thee Oh Sees, Roly Porter & MFO, Dead Meadow e The Soft Moon
 

01/09/2016

O sábado 3 de setembro, na igrexa de Santiago de Cereixo de Vimianzo, o conxunto con sede en Basilea percorrerá as orixes do amor cortés a partir da obra de trobadores franceses

Previamente, o festival propón unha camiñada pola contorna do río Grande, unha paraxe de grande interese etnográfico e paisaxístico