Busca

Páxinas

31/08/2016

A Cidade da Cultura e o CGAC acollerán coloquios, charlas e mesas redonda en torno aos cambios na organización de festivais

Representantes do Levfestival de Xixón, o Semibreve de Braga, o Sinsal de Vigo ou o Milhões de Festa de Barcelos daranse cita no Gaiás

Os Encontros WOS contarán con nomes relevantes como Simeon Cox, de Silver Appels, pioneiros da música electrónica
 

26/08/2016

Forma parte da nova carteleira semestral da Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas e Rede Galega de Música ao Vivo, que acollerán 413 funcións de teatro, danza, música, maxia e novo circo ata finais de ano

25/08/2016

O ciclo de Cultura clausura a programación deste ano o domingo 28 de agosto con visitas ao mosteiro e á igrexa de San Vicente do Pino, ao colexio de Nosa Señora da Antiga e ao convento das Clarisas

O sábado 27 ofrecerá unha ruta a pé polo patrimonio de fronteira con Portugal no concello de Tomiño
 

  •  A Cidade da Cultura despide esta semana a sexta edición do ‘Atardecer no Gaiás’ e farao ao ritmo de tres bandas galegas e unha homenaxe a David Bowie
24/08/2016

O xoves, 25 de agosto, terá lugar a última proxección de cine ao aire libre: ‘The man who fell to earth’, protagonizada por David Bowie

O venres haberá dobre sesión coa banda-laboratorio Diola e Kill Kill! e o seu post-hardcore e indie rock noventeiro pasado polo filtro pop

A despedida será o sábado co rock americano da banda viguesa The Soul Jacket e os dous grupos gañadores do Xuventude Crea 2015: Diariodeverano e Fripp & Kitte
 

23/08/2016

O conselleiro Román Rodríguez e mais o alcalde do municipio asinaron hoxe un convenio de colaboración co fin de dotar dos materiais necesarios ao Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro, usado por diferentes asociacións da zona

18/08/2016

Un total de 77 espazos acollen as novas actuacións que se insiren, á súa vez, na programación Galicia Culturea

17/08/2016

Na súa viaxe pola calzada bimilenaria ao seu paso por Bande e Rairiz de Veiga, o ciclo afondará o 20 de agosto na riqueza paisaxística e arqueolóxica da zona

A xornada do domingo 21 transcorrerá nas salinas e marismas de Vilaboa, cun achegamento a un dos poucos exemplos de muíño de mareas

Ata o 27 de agosto, Monumenta propón rutas a pé para descubrir e vivir o patrimonio cultural das catro provincias galegas