Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 608
- 609
- 610
- 611
- 612
- 613
- 614
- 615
- 616
- …
- seguinte ›
- última »
A edición de 2016 ocupou o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura con 291 stands, acadando un novo récord na historia deste mercado
Arredor de 2.400 profesionais de 95 países, entre os que se atopaban 300 xornalistas internacionais, congregáronse en Compostela durante cinco días de actividade feiral e de ‘showcases’ a cargo de preto de 300 músicos
O músico Samuel Diz, o hispanista Ian Gibson e a xornalista Carolina Alba participan neste espectáculo de entrada libre que afondará na figura do autor e na súa vinculación coa nosa terra
O guitarrista Samuel Diz presentará en directo o seu disco ‘Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca’, en diálogo co hispanista Ian Gibson e coa achega da xornalista compostelá Carolina Alba na declamación de fragmentos da obra lorquiana
‘A través dun horizonte sen corpo’ é o proxecto gañador da da IV Convocatoria de Intervencións Artísticas convocada entre os participantes do último Encontro de Artistas Novos
A peza de Fredy Solano busca proxectar unha terceira torre na paisaxe do Gaiás a través dun mural colocado no oco existente entre as dúas estruturas
Entre o 29 de outubro e o 1 de novembro, o Salón Teatro e o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerán as funcións deste ano, que tamén inclúen espectáculos de rúa
Teatro Escoitade, Tangatutanga, Atrezo Teatro, Fanfarra de Sonos, O Trasno Novo Teatro, Porta Aberta e Axóuxere Teatro son en 2016 os grupos protagonistas da iniciativa, promovida por Fegatea co apoio da Consellería de Cultura e Educación
Os catro pequenos acuarios albergan cabaliños de mar, peixes pipa, camaróns, cangrexos ou arañas de mar, mentres que a nova mostra está conformada por pezas con máis de cen anos de antigüidade
Os conselleiros de Cultura e Educación e do Mar en funcións visitaron o centro museístico, onde coñeceron de preto os novos espazos visitables
A Secretaría Xeral de Cultura programa desde os centros bibliotecarios de xestión autonómica unha ampla oferta de actividades dirixida a diferentes públicos para dinamizar a semana do 24 de outubro, Día da Biblioteca
A programación pode consultarse en cultura.gal, con toda a información e horarios, e adaptada para móbiles na app Axenda Cultura
Máis de 2.000 delegados internacionais e máis de 50 reunións profesionais da delegación do stand GalicianTunes son algunhas das cifras que deixa o Womex 2016 en Santiago
A filmoteca galega ofrecerá un percorrido en imaxes pola historia do Deportivo da Coruña con motivo do 110º aniversario do club branquiazul xunto cun coloquio no que está prevista a participación de Arsenio Iglesias e Constantino Fernández
O venres e o sábado proxectaranse respectivamente os filmes ‘Campeones’ (1943) e ‘El sistema Pelegrín’ (1952), seleccionados pola súa vinculación con este deporte, así como con Galicia e o escritor coruñés
A exposición. ‘Unos ojos vivos que piensan’ inaugurouse no Centro Cultural Borges de Bos Aires, onde poderá visitarse ata o 9 de novembro
A directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura gabou esta itinerancia para dar a coñecer a obra deste fotógrafo pouco coñecido polo público e poñer en valor a cultura galega no exterior








