Busca

Páxinas

03/10/2024

Vigo, 3 de outubro de 2024

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este xoves no lanzamento dunha nova edición do  festival internacional de danza Vigo Porté que se celebrará o vindeiro mes de abril. A representante autonómica destacou durante o acto que Vigo Porté xa é un “referente no panorama nacional e internacional da danza” e sinalou que para o Goberno galego “é unha honra seguir apoiando este certame co firme propósito de impulsar ás novas xeracións de talentos”.  

21/07/2026
  • A Administración autonómica continúa a ser a principal entidade financiadora desta cita de referencia para o conxunto da cultura galega
  • A vindeira edición do encontro desenvolverase do 27 ao 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra e terá unha extensión no concello de Ribeira
29/11/2025

Salienta que se mantivese esta tradición durante máis de medio século e se lograse artellar ao seu redor “unha coidada programación cultural e artística”

Destaca o reforzo este ano da súa vertente cultural con dúas publicacións de poesía e un premio para artistas mozos

A montaxe poderá visitarse ata o 31 de xaneiro e, entre as novidades, incorpora máis figuras ao Nacemento e un mural de Diego As

03/11/2025
  • O consello da Xunta avalía as liñas de actuación para 2026, cando se acometerá a dixitalización das películas producidas por Víctor Ruppen e a restauración de filmes de Eloy Lozano e Ernesto Díaz-Noriega, así como títulos emblemáticos dos anos 70
  • Haberá retrospectivas dedicadas a cineastas como Maroun Bagdadi, Hiroshi Shimizu, Rudy Burckhardt, Iván Castiñeiras, Rainer W. Fassbinder ou Yvonne Rainer e a temáticas como os postcolonialismos ou a orixe do cinema afroamericano
02/10/2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou a relevancia deste consolidado certame para fomentar a produción poética en galego

30/07/2025

O representante do Goberno Galego subliñou o “xogo de luces e formas” do artista, “que dá alma e personalidade aos espazos urbanos”

A mostra, que poderá visitarse ata finais de semana, conta cun total de 16 pinturas e con dúas pezas emblemáticas da súa colección persoal: ‘O Cristo’ e ‘Bacaladera’

18/07/2025

O Goberno galego avanza na redacción do contrato para que sexa o arquitecto César Portela, autor do proxecto orixinal e director da obra xa executada, o responsable de continuar cos traballos no inmoble adquirido coa Deputación de Pontevedra

O obxectivo é respectar a intervención xa realizada, e cuxos dereitos de propiedade intelectual corresponden ao equipo técnico de Portela, para converter o edificio nun espazo escénico, musical, audiovisual e literario de referencia no noroeste peninsular

18/07/2025

As persoas interesadas en participar poderán presentar as súas obras desde o 24 de xullo ao 22 de setembro deste ano

Cos proxectos premiados vaise editar un libro, un caderno e producirase unha exposición itinerante que se inaugurará en Lugo e outra en Ourense

16/05/2025

A exposición dispoñible na Biblioteca de Galicia fai un percorrido pola historia das recollidas, desde o século XVIII ata a actualidade e poderá visitarse ata o mes de setembro

A parte bibliográfica compleméntase cunha mostra audiovisual onde poden verse documentais, actuacións e escoitar coplas nas voces de moitas destas mulleres

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, celebrou a decisión de recoñecer o papel das cantareiras “pola súa importancia para a nosa lingua e a nosa cultura”

06/04/2025

A conselleira do Medio Rural e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participaron esta mañá no pregón deste evento, que se está a celebrar nesta fin de semana no concello coruñés de Vedra

María José Gómez subliñou na súa intervención a importancia que teñen este tipo de celebracións para potenciar o sector vitivinícola galego, un dos piares da economía da nosa comunidade