Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 579
- 580
- 581
- 582
- 583
- 584
- 585
- 586
- 587
- …
- seguinte ›
- última »
A convocatoria, aberta do 5 do setembro ao 5 de outubro, conta con tres categorías: proxectos culturais en Internet, deseño cultural e proxectos na área da xestión cultural
Os proxectos gañadores contarán con asesoramento personalizado, posibilidade da incorporación de balde durante doce meses no Centro de Emprendemento do Gaiás e un premio en metálico de 2.000 euros
O encontro, que se celebrará en Compostela do 6 ao 10 de setembro, presentaralle ao público 50 propostas que van desde os sons máis arriscados ata o audiovisual ou a 'performance', cunha selecta carteleira internacional e galega
Conta cunha subvención a través da convocatoria pública de axudas da Agadic para festivais profesionais
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde para abordar asuntos de interese para o concello
A mostra, que une dous xigantes da cultura galega como Lamazares e Uxío Novoneyra, tiña previsto clausurarse o 17 de setembro, tras inaugurarse o 3 de xuño
Esta exposición, xunto á Da árbore á cadeira que continúa ata o 5 de novembro, conta con visitas comentadas ata mediados de mes, ao igual que o complexo arquitectónico
As dúas mostras son protagonistas durante todos os sábados de setembro de obradoiros creativos e artísticos para as familias
Inaugúrase o proxecto do artista gañador o ano pasado no Certame de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk
Á convocatoria poden presentarse os participantes no Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura
O trío formado por Angela e Marco Ambrosini e por Eva-Maria Rusche actuará na igrexa de Santa María de Mezonzo de Vilasantar o 2 de setembro ás 20:00 horas
A xornada inaugural completarase cunha ruta polos muíños do río Gándaras e con obradoiros de agricultura ecolóxica para as persoas inscritas
O domingo, o programa impulsado pola Consellería de Cultura e Educación ofrecerá un obradoiro de achegamento á música antiga no mosteiro de Sobrado dos Monxes dedicado á danza no Renacemento
No xacemento da Cova Eirós, no que se vén traballando desde o ano 2008 co apoio da Xunta de Galicia, as escavacións arqueolóxicas localizaron no sector da entrada restos de diversas ocupacións paleolíticas
A consellería propuxo o pasado mes de maio a súa declaración singular como ben de interese cultural coa categoría de monumento
De setembro a decembro acollerá 21 espectáculos para público familiar, 16 deles programados dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, así como a 14ª edición da Mostra de Teatro Infantil







