Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 581
- 582
- 583
- 584
- 585
- 586
- 587
- 588
- 589
- …
- seguinte ›
- última »
Desde hoxe e ata o 18 de agosto, o municipio pontevedrés será o escenario dun amplo programa de concertos con intérpretes de primeiro nivel e novas promesas, que incluirá estreas dos compositores Rogelio Groba e Luis Álvarez Cabado
O evento, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura, ofrecerá tamén clases maxistrais cun repertorio específico para violonchelo
Unha nova proxección do programa de cinema de verán para a Rede de Dinamización Lingüística poderase gozar hoxe no campo da feira do concello coruñés ás 22:00 h con entrada libre e de balde
‘A praia dos afogados’ e ‘9 ondas’ son os outros dous títulos en carteleira desta proposta
O centro ubicarase na reitoral de Santo André de Camporredondo, na localidade ourensá de Ribadavia
O museo, que conta tamén coa implicación de outras institucións e entidades, encargarase de recuperar, documentar, conservar e difundir o patrimonio cultural vitivinícola de Galicia; traballando de xeito complementario co de Ribadavia
A Agadic apoia o programa de concertos, cunha destacada presenza de artistas galegos, que terá lugar do 11 ao 13 de agosto en tres dos escenarios desta décimo sétima edición do macroevento de cultura urbana e deportes extremos
Cen participantes gozarán deste espectáculo astronómico, ás 22:30 horas do 12 de agosto, seguindo as indicacións dos monitores do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC
Esgotadas todas as prazas para esta visita e tamén para as seguintes sesións astronómicas na Cidade da Cultura, previstas para o 19 e 26 de agosto e o 2 e 16 de setembro
Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Educación, visitou a sala de arqueoloxía deste centro, onde se presentaron os resultados da terceira campaña de escavación arqueolóxica
O departamento de Cultura da Xunta ten investido 20.000 euros en traballos deste tipo neste xacemento
O secretario xeral de Política Lingüística e o profesor da Universidade de Tsudajuku, considerado o embaixador do galego máis famoso do país nipón, presentaron hoxe á mañá a ‘Nova gramática galega’ e mais a edición bilingüe galego-xaponés da primeira parte da obra novoneyriana ‘Os Eidos’
A cita terá lugar os días 3, 4, 5 e o 6 de agosto e levará a Viveiro a sete grupos folclóricos de distintos países
A iniciativa permitirá dixitalizar información catastral dos séculos XVIII e XIX, así como a colección completa do desaparecido xornal galego
Estes fondos documentais estarán dispoñibles para a súa consulta a través do portal Galiciana








