Busca

Páxinas

  • Os novos lectores de lingua, literatura e cultura galega
08/09/2017

Valentín García reuniouse hoxe pola mañá co profesorado-lector que se incorpora aos centros universitarios dependentes da Secretaría Xeral de Política Lingüística

Renóvanse por tres anos as prazas nas universidades de Barcelona, Cork, Deusto, Heidelberg, Miño, Algarve, Estremadura, Granada, Madrid, Padua e Kiel

As sedes do Instituto Cervantes nas cidades de Berlín, Lisboa, Roma, Varsovia, Río de Xaneiro e San Paulo tamén ofrecen formación en galego en virtude do acordo asinado coa Consellería de Cultura

  • Espazos Sonoros viaxa ata o Concello de Arbo coa música antiga do Ensemble Favola d’Argo
08/09/2017

Rosana Orsini, Marco Brescia e Manuel Vilas actuarán o sábado 9 de setembro, ás 20:00 horas, na igrexa de Santa María de Sela cun programa arredor do compositor Giovanni Felice Sances, unha figura central da cantata italiana do Primo Seicento

Previamente, as persoas inscritas participarán nunha ruta pola paisaxe etnográfica e natural de Santa María de Sela

  • Catedral de Santiago de Compostela
07/09/2017

O conselleiro de Cultura explicou que a peza Figura masculina mutilada foi atopada no transcurso dos traballos de rehabilitación e se trata dun “novo agasallo que a Catedral compostelá, a modo de caixa de sorpresas, nos ofrece”

A escultura formará parte a partir do mes de outubro na mostra El poder del pasado. 150 años de arqueología en España, coa que se conmemora o século e medio do Museo Arqueológico Nacional

 

  • Carla Simón, autora de Estiu 1993
07/09/2017

Carla Simón presenta a súa ópera prima, seleccionada por España para os Oscar, en dúas sesións o próximo xoves día 14, ás 18 e ás 20,30 horas

Os premiados na última edición de Novos Cinemas, a cantautora Silvia Penide e o centenario de Fernando Rey marcan tamén o inicio do curso

  • Igrexa de San Vicente de Pinol; foto de patrimoniogalego.net
06/09/2017

A actuación ten como finalidade manter en condicións de funcionalidade e habitabilidade o templo de Sober, ademais de protexer as pinturas e artesoado da cuberta

  • Mosteiro de San Martiño de Xubia
06/09/2017

A Consellería de Cultura actuará neste conxunto arquitectónico para reparar a cuberta da igrexa, a torre do campanario e o paramento exterior do mosteiro

  • O 10º FICBueu proxectará en 8 días 100 curtametraxes de 40 países
06/09/2017

A sección dedicada a Galicia inclúe Lembranza, de Al Díaz; Néboa, de Claudia Costafreda; Querido Tom, de David Tembleque; As vacas de Winsconsin, de Sara Traba; Decorado, de Alberto Vázquez; e Einstein-Rosen, de Olga Osorio

O evento, que se desenvolverá do 9 ao 16 de setembro, cofinánciase a través da convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia para festivais audiovisuais

 

  • A exposición Os mundos de Carlos Casares chega a Arzúa
06/09/2017

Promovida pola Fundación Carlos Casares co apoio da Xunta de Galicia para conmemorar as Letras Galegas 2017, a mostra exhibirase ata o 24 de setembro na Casa da Cultura

  • Redecinema en Redondela
05/09/2017

O primeiro filme galego-cubano de animación poderase gozar ás 22:00 horas no campo da festa, con entrada de balde, no marco do Programa de dinamización lingüística Redecinema

O ciclo de cinema en formato de verán da Consellería de Cultura pechará a súa segunda edición o 22 de setembro no concello ourensán do Pereiro de Aguiar