Busca

Páxinas

29/08/2017

No xacemento da Cova Eirós, no que se vén traballando desde o ano 2008 co apoio da Xunta de Galicia, as escavacións arqueolóxicas localizaron no sector da entrada restos de diversas ocupacións paleolíticas

A consellería propuxo o pasado mes de maio a súa declaración singular como ben de interese cultural coa categoría de monumento

  • Programación infantil Auditorio de Ourense
28/08/2017

De setembro a decembro acollerá 21 espectáculos para público familiar, 16 deles programados dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, así como a 14ª edición da Mostra de Teatro Infantil

  • Espazos Sonoros, na contorna de Santa Mariña de Sela (Arbo)
26/08/2017

A partir de hoxe e ata o 6 de setembro permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar na ruta pola contorna de Santa María de Sela

A actividade, que se realizará o 9 de setembro, rematará cun concerto de música antiga na igrexa do lugar a cargo do grupo Favola d’Argo

Desde o 2 de setembro e ata o 15 de outubro, Espazos Sonoros ofrecerá un cartel de nove concertos de artistas galegos e internacionais para descubrir o patrimonio

  • Foto: <a href="https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Luis_Tosar_(10571360994)_(cropped).jpg">Donostia Kultura</a>
25/08/2017

A Agadic apoia con 240.000 euros a nova longametraxe do director Dani de la Torre, protagonizada por Luis Tosar, a través da súa convocatoria de axudas á produción audiovisual

Jacobo Sutil visitou o equipo da película no IES Valle-Inclán, convertido nunha comisaría para este thriller ambientado nos anos vinte

25/08/2017

A Agadic consensuou co sector as bases para a selección dos locais que formarán parte deste circuíto, que inicia así un proceso para reforzar os seus estándares de calidade e profesionalidade

A súa carteleira de 2017 ofrecerá preto de 200 concertos, para os que a Xunta achega un 85 por cento do financiamento

 

24/08/2017

O festival vangardista trae ao Gaiás a Robert Henke, un referente internacional na música electrónica e artífice do Ableton Live, o software de creación musical por excelencia

Representantes dalgúns dos festivais máis interesantes do panorama actual participarán nos faladoiros abertos ao debate que se celebrarán as tardes do 6 e 7 de setembro

 

24/08/2017

O conselleiro de Cultura e o alcalde asinaron hoxe un convenio para a posta e disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de no cabido, que acollerá este espazo

A Consellería xa está acometendo reparacións urxentes de elementos puntuais do mosteiro, unha obra que supera os 55.000 euros

 

23/08/2017

Trátase das propostas presentadas por Masako Hattori, Borja Fernández e Diego Anido, Estela Lloves, Óscar Bueno, Areta Bolado e Ailén Kendelman, Diego M. Buceta, e Begoña Cuquejo xunto con María Roja

A comisión seleccionounas entre as 60 recibidas buscando un equilibrio entre os artistas emerxentes e os de maior traxectoria e apostando por creacións multidisciplinares