Busca

Páxinas

14/09/2018

O conselleiro de Cultura e o secretario xeral do Eixo Atlántico inauguraron esta exposición na que se poden contemplar un total de 28 obras inéditas de artistas galegos e portugueses

14/09/2018

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse hoxe co director do Festival Intercéltico de Lorient, Lisardo Lombardía, co fin de comezar a preparar a participación de Galicia como territorio convidado de honor na 49ª edición deste evento. Este fito suporá o máximo protagonismo para a nosa comunidade neste histórico encontro da cultura celta, así como unha importante visibilidade para a delegación galega que viaxe ao festival.

  • Peter Kember
12/09/2018

O músico británico, que leva máis de 30 anos explorando novos sons, protagoniza unha cita aberta ao público, como aperitivo á súa actuación dentro do festival

Os WOS Encontros que se celebran no Gaiás afondan tamén en cuestións como a innovación e a sustentabilidade dos festivais ou a xeración de novas audiencias

Artistas, deseñadores gráficos, músicos, arquitectos, xestores e programadores culturais participarán nos faladoiros abertos que se celebran as tardes deste mércores e xoves
 

11/09/2018

O titular de Cultura chamou a atención sobre a necesidade de informar puntualmente como exercicio de transparencia e explicou que, en breve, se acometerá unha obra de peche provisional do Pórtico da Gloria para protexelo do resto de actuacións que se abordarán no interior do templo

10/09/2018

A exposición da Cidade da Cultura de Galicia enxalza o papel na construción da educación pública dos mestres e mestras de entre 1900 e 1936

O conselleiro salienta que se trata tamén dun recoñecemento ao labor da Galicia emigrante na salvagarda do noso legado patrimonial

A derradeira leición do mestre exhibirase, xunto 92 pezas, no Gaiás a partir do 5 de outubro, grazas á cesión temporal do Centro Galicia de Buenos Aires

08/09/2018

Os conselleiros de Cultura e do Medio Rural visitaron esta mañá o recinto, que aglutina durante esta fin de semana máis de 40 concertos e actividades para todos os públicos

A artista e impulsora de mesmo, Luz Casal, foi a encargada da apertura deste evento que conta co apoio da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), e é un dos galardoados dos premios Agader ás melloras iniciativas de desenvolvemento rural
 

07/09/2018

O Auditorio Municipal ofrecerá A cabeza do dragón o 29 de setembro, A leituga o 13 de outubro, Cinco mulleres que comen tortilla o 20 de outubro, Invisibles o 24 de novembro e Os fabulosos Cleaners o 15 de decembro

O director da Agadic participou hoxe na presentación destas funcións na capital arousá, que forma parte deste circuíto escénico impulsado pola Xunta de Galicia
 

07/09/2018

É a primeira vez que se presenta neste órgano unha proposta para a elaboración dun plan de fomento do hábito lector, que formará parte da Estratexia da Cultura Galega 2021
 

06/09/2018

A terceira xornada do ciclo de músicas en espazos de interese cultural da Consellería de Cultura é de entrada libre e ofrece unha viaxe por obras do Renacemento de autores como Cristóbal de Morales, Josquin des Prés e Gombert

Para a xornada literaria arredor de Otero Pedrayo, o 15 de setembro no Pazo de Trasalba, xa que non quedan prazas dispoñibles
 

05/09/2018

A Xunta cofinancia seis espectáculos da nova carteleira do Teatro Principal de Ourense como membro da rede da Agadic

O escenario ourensán ofrecerá as últimas propostas das compañías galegas Arte´n´rúa, Caramuxo, Eme2 e Tanxarina Títeres a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios, así como as de Factoría Unahoramenos e de Ron Lalá

As citas son parte dunha programación anual que abrangue 38 concellos e que terá promovido un total de 601 funcións cando remate o ano