Busca

Páxinas

17/10/2018

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2018.- A YAMsession 2018 acolleu esta tarde na Cidade da Cultura a cerimonia de entrega dos YAMawards galardóns internacionais cos que se premian as mellores producións musicais do ano destinadas ao público infantil e xuvenil. Nesta ocasión optaron aos premios 11 espectáculos procedentes de 9 países europeos, seleccionados tanto pola súa calidade musical como polo seu potencial de proxección internacional e de conexión coa audiencia.

17/10/2018

A estrea galega do espectáculo será o sábado 20 no Teatro Rosalía de Castro, despois do éxito obtido nas funcións inaugurais ofrecidas en dous escenarios alemáns

O evento acompáñase de actividades de difusión no marco do programa TRC Danza, co que tamén colabora a Consellería de Cultura e Turismo
 

17/10/2018

O bluesman británico, aclamado como o novo mestre da slide guitar, tocará o domingo 28 de outubro, ás 19,00 h, no Centro Cultural do Vello Cárcere

A promotora Sweet Nocturna organiza este ciclo, que rematará a súa edición de 2018 coa actuación do contrabaixista Ron Carter en Ourense o 10 de novembro
 

17/10/2018

A cita reúne arredor de 80 profesionais de 17 países no evento máis importante a nivel europeo para este tipo de público

O conselleiro de Cultura e Turismo inaugurou hoxe estas xornadas internacionais, que decorren do 17 ao 19 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia

Preto de 560 alumnos de centros educativos galegos asistirán a espectáculos recoñecidos por crítica e público e especialmente pensados para espertar a súa creatividade

16/10/2018

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2018.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, participou esta tarde na presentación do catálogo da exposición Camiñantes, de Tino Martínez, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo e reúne 40 fotografías inéditas de peregrinos, 18 en color e 22 en branco e negro.

16/10/2018

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2018.- A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) reuniu hoxe na Cidade da Cultura de Galicia os responsables dos espazos integrados na Rede Galega de Teatros e Auditorios con motivo da asemblea xeral deste circuíto, na que –entre outros temas– se abordou a próxima posta en marcha do seu novo modelo de xestión.

15/10/2018

Big Rights, Cinfo, Congo Producciones, CTV, Ficción Produciones, Portocabo, Voz Audiovisual e Zenit TV participan desde este luns na meirande feira mundial para a compra-venda de contidos audiovisuais de entretemento

Esta misión comercial enmárcase no programa de promoción exterior do audiovisual galego que mantén a Consellería de Cultura e Turismo

15/10/2018

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Agadic apoian o Festival Internacional da Lusofonía dirixido por Uxía que se desenvolve desde hoxe ata o domingo na cidade do Lérez

08/10/2018

O secretario xeral de Política Lingüística participou, xunto co presidente do Parlamento, na presentación en Vilaxoán do plano da Ría de Arousa elaborado polo matemático e xeógrafo galego

05/10/2018

Feijóo salienta que os visitantes poderán desfrutar do que se ten denominado o Guernica galego e ter unha visión panorámica do ensino, ao tratarse dun recordatorio do papel da educación no fomento da convivencia

Incide na necesidade de transmitir aos mozos que acudan a esta mostra unha reflexión que se inspira nesta obra mestra de Castelao: “A liberdade, a convivencia, a tolerancia, son valores que non se protexen sos”, lembra