Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 545
- 546
- 547
- 548
- 549
- 550
- 551
- 552
- 553
- …
- seguinte ›
- última »
Román Rodríguez presenta os XXXVIII Cadernos Ramón Piñeiro dedicados a María Victoria Moreno
O conselleiro de Cultura subliñou que “con esta obra tense dado un paso de xigante para coñecer a María Victoria Moreno” á que cualificou como “pioneira” da literatura infantil e xuvenil galega
O volume aborda a figura e o legado literario de Moreno e componse dun limiar, vinte artigos e unha extensa bibliografía
Román Rodríguez asiste á preestrea da serie O sabor das margaridas
Programadores, produtores, músicos e docentes que traballan para o público infantil e xuvenil participarán do 17 ao 19 de outubro nunhas xornadas inspiradoras con relatores e artistas internacionais
O evento inclúe unha mostra dos mellores espectáculos musicais que se están facendo en Europa para nenos e mozos, moitos dos cales se poderán ver por primeira vez no país
A YAMsession celébrase por primeira vez en España co-organizado pola JM International coa Fundación Cidade da Cultura e a Xunta de Galicia
Vigo (Pontevedra), 29 de setembro de 2018. O coro vigués Son de Acacias cantará a primeira misa en galego na igrexa da Natividade de Belén o vindeiro 7 de decembro, no marco dunha viaxe de intercambio cultural a Xerusalén que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo. Así o acordaron nunha reunión celebrada en Vigo esta semana o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial, Ignacio López-Chaves, cos responsables da formación, que xa prepara a Misa Pro Natura.
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asiste hoxe ao concerto de Treixadura en Valga, como colofón final a esta sexta edición
Nesta sexta edición mantívose o obxectivo de enriquecer e descentralizar a oferta cultural, así como dinamizar a contratación de espectáculos galegos con compañías escénicas e grupos de música profesionais
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2018.- Os secretarios xerais de Cultura, Anxo M. Lorenzo Suárez, de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañados pola directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, recibiron hoxe os 18 alumnos e alumnas e os dous profesores do Instituto Santiago Apóstol de Buenos Aires que se encontran de viaxe de estudos en Galicia.
A Xunta organiza este programa a través da Agadic e Turismo de Galicia, co patrocinio de Gadis e en colaboración cos 103 concellos das rutas xacobeas asociados este ano
A carteleira de 2018, que arrancou a mediados do mes de abril, ofrece entre mañá e o domingo as súas últimas doce actuacións de teatro, música e maxia noutras tantas localidades






