Busca

Páxinas

04/09/2018

A actuación no Museo Centro Gaiás o día 21 de setembro, será a primeira da xira de presentación de Duetos, oitavo traballo do músico ourensán

As entradas xa están á venda a través da plataforma web de Ticketea

O concerto pecha a programación do Verán no Gaiás, o ciclo de actividades culturais e de lecer para todos os públicos na Cidade da Cultura

31/08/2018

Mañá sábado, día previo á clausura, proxectarase o documental A imaxe reb/velada que radiografía a vida e a obra do fotógrafo galego

A exposición permitiu recuperar a memoria dun dos grandes retratistas da segunda metade do século XX a través de 150 fotografías, obxectos persoais e documentos da súa traxectoria profesional

O Instituto Cervantes de París será o próximo destino da mostra, logo de pasar por Madrid e Santiago de Compostela
 

  • Castro de Cálago
31/08/2018

O conselleiro Román Rodríguez e mailo alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, asinaron o convenio para a escavación e consolidación dalgunhas zonas deste xacemento

30/08/2018

Está organizado pola Agadic e Turismo de Galicia, co patrocinio de Gadis e en colaboración cos 103 concellos das rutas xacobeas asociados este ano

A programación de 2018, que arrancou a mediados do mes de abril, ofrécelle ao público galego máis de 340 citas co teatro, a danza, a música, a maxia e o novo circo producidos de xeito profesional en Galicia
 

30/08/2018

O proxecto, inaugurado hoxe, resultou gañador no Encontro de Artistas Novos 2017 do V Concurso de Intervencións Artísticas para estas instalacións

O autor, Francisco Ramallo, procura con esta iniciativa que as Hejduk se convertan nunha ferramenta contra o esquecemento arquitectónico

29/08/2018

A novena edición desta iniciativa de intervención na morfoloxía do barrio ferrolán suma actividades a unha cita cultural que é xa referente na comunidade

Durante a fin de semana, grafiteiros como Toni Espinar, Tmx.artist ou Elrojo compartirán espazo con fotógrafos da altura de Alberto García-Alix ou Eva Díez
 

  • barcos de pesca
27/08/2018

Santiago, 27 de agosto de 2018 - A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo esta mañá unha xuntanza co autor do libro As carpinterías de ribeira en Galicia: a recuperación das súas arquitecturas, Óscar Fuertes, que vén de recibir o premio da Bienal española de arquitectura e urbanismo, pola súa tese sobre a construción naval en madeira. Este galardón, polo xeral, conségueno entidades ou colexios profesionais do ámbito da arquitectura e este ano resultou ser para esta publicación financiada pola Xunta.

23/08/2018

O sábado, en Palas de Rei, Francisco Romualdo ofrecerá a súa música e historias aos camiñantes e o domingo serán Son Trío as encargadas das melodías

A Consellería de Cultura e Educación lanza un vídeo para difundir as iniciativas deste programa que celebra a súa sexta edición: https://www.cultura.gal/gl/videos