Busca

Páxinas

13/08/2018

Meigas e feitizos con Gustav Henningsen en Ordes e O Camiño Real a San Pedro de Rocas, en Esgos son as actividades que terán lugar a vindeira fin de semana

As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 17 de agosto na web monumentagalicia.com
 

  • Cidade Imaxinaria
07/08/2018

A Cidade da Cultura convida as familias a gozar dunha tarde de diversión ao aire libre e gratuíta que encherá o complexo de xogos, espectáculos e acrobacias

Nesta edición, que se celebra o 25 de agosto, volve a escola de circo e inclúense abraiantes espectáculos en movemento con equilibristas e saltimbanquis

Grandes e pequenos gozarán de catro horas ininterrompidas de actividades, con zonas para o descanso e postos de larpeiradas para a merenda

07/08/2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria subvenciona actividades en Viveiro, Cervo, Palas de Rei, Monterroso, O Courel e Sarria

  • O Son do Pazo
06/08/2018

Anxo Lorenzo destaca o papel local na dinamización da cultura durante a presentación de O son do Pazo

A cuarta edición desta iniciativa musical intercéltica ofrecerá actuacións como as de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre e Leilía

06/08/2018

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, valoraron o acto de vandalismo realizado na Catedral de Santiago.

06/08/2018

As Nocturnas convidan a unha descuberta das mostras da Cidade da Cultura nunha visita nocturna que inclúe sesión DJ e degustación e cata de queixos

Os venres 24 e 31 de agosto os participantes poderán visitar a mostra Baldomero Pestana, a verdade entre as mans, que pecha as súas portas o 2 de setembro

Nos dous primeiros venres de setembro, será a quenda para achegarse á arte galega dos últimos 150 anos a través da mostra Galicia Universal
 

06/08/2018

O océano desde a costa de Ángeles Alvariño é o título da actividade que terá lugar o domingo 12 de agosto, ás 11:00 horas, no municipio coruñés de Valdoviño

A terceira xornada do programa da Secretaría Xeral de Cultura recupera a figura da recoñecida oceanógrafa ferrolá

As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 10 de agosto

06/08/2018

O retorno do investimento da Xunta neste evento a través da liña de subvencións da Agadic a festivais de música sitúase entre os 23,32 e os 30,56€ por cada euro

Hoxe presentouse o informe de avaliación de impacto deste evento, elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Axencia Galegas das Industrias Culturais como parte das accións de FEST Galicia

06/08/2018

O conselleiro de Cultura visitou hoxe o templo, do que se repararán a cuberta, as vidrieiras, as fachadas e os paramentos interiores