Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 541
- 542
- 543
- 544
- 545
- 546
- 547
- 548
- 549
- …
- seguinte ›
- última »
O conselleiro de Cultura e Turismo achegouse ata Mondoñedo, onde tamén visitou a Catedral, na que este 2018 se realizaron dúas actuacións, por preto dun millón de euros, co obxectivo de restaurar as cubertas da basílica e do claustro, así como a casa dos Cóengos.
Nesta década, o número de peregrinos xaponeses multiplicouse por cinco e preto de 10.000 viaxeiros aloxáronse en establecementos hoteleiros no que vai de ano
O apoio a este colectivo, un dos galardoados na última edición dos Premios Camiño de Santiago, responde ao compromiso da Xunta co asociacionismo
Ofrece desde hoxe unha selección de seis dos mellores traballos da extensa obra deste realizador, un dos renovadores e referentes cinematográficos do seu país menos coñecidos en Occidente
A escolma, que chega a Galicia en colaboración co Filmoteca Española e a Japan Foundation, leva por subtítulo Retratos ao límite para incidir na ollada particular e nada convencional do cineasta
GaliciaÉscena é o lema do stand da Xunta no principal mercado do sector a nivel estatal, que reúne ata mañá 124 entidades expositoras e arredor de mil profesionais das artes escénicas
Forman parte desta misión comercial e promocional as compañías A Panadaría, Contraproducións, Culturactiva, Eme2 Producións, Lucecús Teatro e Pistacatro Produtora de Soños, ademais da asociación Escena Galega
Os vencedores nesta sexta edición terán tamén acceso a un programa de titoría personalizado e a posibilidade de incorporarse de balde durante 12 meses ao coworking do Gaiás
Os premios, promovidos pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, contan co patrocinio de Afundación e a colaboración do Igape
A través desta liña de subvencións da Agadic, apóianse os traballos previos á rodaxe de cinco novas longametraxes de ficción, catro series televisivas, catro documentais e unha película de animación
Tratase dos próximos traballos de Pela del Álamo, Rosa Castro, Paula Cons, Ángel de la Cruz, Xabier Eirís, Ángeles Huerta, Giselle Llanio, Marcos Nine, Olga Osorio, Lois Patiño, César Souto, Diana Toucedo e Ignacio Vilar
A programación, promovida polas consellerías de Cultura e Educación a través das bibliotecas centrais territoriais e escolares e do labor dos equipos de dinamización da lingua galega inclúe espectáculos de maxia, contacontos, charlas e obradoiros
O profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo, Luis Navarro, é o autor do texto conmemorativo deste ano
No marco dos actos programados para conmemorar o 90º aniversario do crucense máis universal, o xornalista Pedro Rielo recolleu o III Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta pola obra Detrás dos perdidos
O espectáculo de baile e música tradicional Balbino púxolle o ramo á conmemoración da man de Cantigas e Agarimos, que pechou con el o programa Danza 3 da Agadic
A celebración contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística
Baixo a organización da Federación Galega de Bandas de Música Populares e co apoio da Xunta de Galicia, o evento reuniu en Santiago de Compostela durante dous días a preto dun milleiro de instrumentistas de todas as idades
A Consellería acaba de publicar a licitación da obra, a través da que se busca mellorar a accesibilidade ao conxunto, incorporando novos espazos á visita que posibiliten un percorrido adecuado desde o punto de vista cultural e turístico
Esta actuación deriva do plan director do ben, presentado polo conselleiro o ano pasado, que ten por obxectivo coñecer o seu estado de conservación e definir as liñas de actuación de cara ao futuro para garantir a súa conservación









