Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 537
- 538
- 539
- 540
- 541
- 542
- 543
- 544
- 545
- …
- seguinte ›
- última »
O conselleiro de Cultura e Turismo reuniuse hoxe co movemento asociativo xacobeo de Galicia co obxectivo de ampliar a colaboración dos últimos anos
O fomento dos programas de voluntariado nos albergues sumaríase a iniciativas como a convocatoria anual de axudas, dotadas con 90.000 euros
Antes da xuntanza, celebrada en Pontevedra, os participantes fixeron unha ofrenda floral na igrexa da Peregrina, un dos templos referentes do Camiño Portugués
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2018.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo un encontro cos responsables do colexio dos pais Escolapios de Monforte, no que lles trasladou que a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural iniciará os trámites para declarar o colexio de Nosa Señora da Antigua como Ben de Interese Cultural.
A exposición, que se desenvolverá ata o vindeiro 20 de decembro, está composta por 34 pezas elaboradas por un grupo de dez esmaltadoras
O delegado Ignacio López-Chaves salientou na inauguración o potencial, a creatividade e a sensibilidade das artistas
Feijóo apela á responsabilidade de acrecentar o valor dun Camiño que discorre por distintas rutas e transcorre por máis de 100 concellos, cun programa de rehabilitación, restauración e valorización dos bens de interese cultural afectados
Establece como obxectivo de todos proxectar, aínda con máis forza, tanto o que Galicia é, como o que Galicia representa
Subliña que a Comunidade ten unha presenza moi destacable na selecta lista do Patrimonio Mundial
O Salón Teatro acolle catro pases matinais desde hoxe ao venres e outros catro nas tardes do xoves ao domingo, entre os que se inclúen dúas representacións inclusivas que terán lugar o día 13 en colaboración coa asociación Predif Galicia
Marta Pérez é a directora e unha das intérpretes, xunto a María Roja e Silvia Pena, desta montaxe sobre a violencia machista, que afonda nas causas estruturais do maltrato e na resposta social
A Consellería de Cultura e Turismo publica unha guía na que se inclúen beléns, mercados e outras instalacións típicas destas datas nas catro provincias
A publicación inclúe tamén o programa que se desenvolverá na Cidade da Cultura de Galicia ao longo dos vindeiros días e presta atención á artesanía
Santiago de Compostela, 8 de decembro de 2018.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo hoxe un encontro cos delegados do Festival Intercéltico de Lorient, que en 2019 contará con Galicia como territorio convidado. A xuntanza permitiu avanzar na planificación da 49ª edición deste histórico encontro da cultura celta, que se celebrará do 2 ao 11 de agosto e onde a nosa Comunidade terá o máximo protagonismo.
Os traballos, por un importe de preto de 15.000 euros, remataranse ao longo deste mes e consistirán na execución dunha drenaxe perimetral que reduza a escorrenta de auga sobre o soporte gravado e na instalación de sinalización, entre outros
O departamento autonómico tamén está a traballar na avaliación e reparación dos danos producidos nos petróglifos de Gargamala, tamén en Mondariz, tras o incendio forestal do pasado mes de outubro
Poderá verse na sede compostelá do Centro Dramático Galego mañá sábado, ás 20:30 h, e o domingo, ás 18:00 h.
Irene Moreira é a creadora e directora desta proposta, que lle propón ao público unha reflexión sobre a incapacidade social para detectar o talento e sobre a supervivencia das minorías
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, avanzou que todo está listo para que o luns comecen os traballos de construción
As empresas adxudicatarias garanten que estará rematado no último trimestre de 2020, seis meses antes do prazo fixado na licitación
O Fontán, que culmina o proxecto da Cidade da Cultura, acollerá servizos transversais para as tres universidades e o futuro CEIPAC









